Sarriana S.D. 2 vs S.D. Sofán 0

By
Updated: Febrero 5, 2017

Frustrante partido da SD, que dominou o encontro e marrou claras ocasións, pero concedeu dous erros ó rival e veuse de valeiro de Sarria. Anulouselle un gol a Franchu e non foi sinalado un claro penalti a Raul.

No primeiro acto a Sarriana apenas inquietou a Dani Varela. A Sd tivo o balón e o perigo. Rojo non chegou por pouco a un man a man co porteiro local, e a pouco do lecer o gardameta fixo unha boa parada a disparo do extremo. No inicio do segundo tempo estivo a clave. Rojo e Quintela marraron unha clarísima ocasión. Lesionouse Rojo pouco despois, e adiantouse a Sarriana cun bonito gol de Fran Pastor nun erro defensivo visitante. A Sd atacou con todo enton e Quintela nunha gran xogada de Luis volveu a disparar fora. O penalti escamoteado a Raul precediu o segundo gol local. O gol anulado a Franchu por incomprensible fora de xogo non foi mais que o punto e final a un extraño partido.

FICHA TECNICA:

SARRIANA S.D. – Saul, Luisma, Muñiz, Alami, Bryan, Ruben CAstro (David 64´), SAmos, Oscar, Carlitos (Luis 88´), Marino e Fran Pastor (Chavea 79´).

S.D. SOFAN – Dani Varela, Sito, Iván Rey, Felix, Sera, Alex Figueiras (MEspollet 74´), Seo (Eibe 74´), Fabian (Franchu 69´), Rojo (Raul 56´), Luis e Quintela.

ARBITRO – Fernández Blanco, que amonestou a Chavea por parte local e a Luis, Fabian e Eibe por parte visitante.

GOLES – 1-0 61´Fran Pastro 2-0 71´Marino