S.D. Sofán 1 vs Galicia Mugardos 0

Partido moi intenso no Carral, condicionado pola actuación arbitral no segundo tempo que encrespou os mais de 250 afeccionados que enchian o campo sofanista. O colexiado sacou 11 amarillas e 3 cartóns vermellos, case todos eles por protestas moi livianas. O partido, moi deportivo, endureceuse nos últimos momentos producto da tensión e das importancia dos puntos en xogo.

No aspecto deportivo o encontro foi moi igualado, de pelexa, clásico do Carral. No primeiro tempo Dani Varela tivo que facer duas milagrosas intervencións nun man a man con Permuy. Pouco despois Sera remataba maxistralmente un corner botado por Figueiras, anotando o único tanto do encontro. O segundo tempo, sobre todo a partir da expulsión de Quintela, foi un acoso visitante a base de fútbol directo, e unha defensa numantina da Sd apoiada dende a grada por unha afección entregada. Tres puntos clave os obtidos hoxe no Carral.

FICHA TÉCNICA:

S.D. SOFÁN – Dani Varela, Iván Rey (Ruben 76´), Sito, Sera, Félix, Seo, Fabián, Franchu (Brais 70´), Raul (Eibe 86´), Quintela e Alex Figueiras (Adrian 65´).

GALICIA MUGARDOS – Miguez, Isi (Dani Ares 75´), Tenreiro, Dapo, Adrian MArtinez, Vazquez, Jorge (Xurxo 88´), Alvaro (Kike 55´), Permuy, Manu (Naya 75´) e Zurzi.

ARBITRO – Garcia Doldán, que expulsou a Quintela no minuto 60 e ó delegado e adestrador da Sd por protestar. Amonestou a Sera, Figueiras, Franchu, Fabian, Dani Varela e Brais por parte local e a Jorge, Tenreiro e Dani Ares por parte visitante.

GOL – 1-0 Sera 25´