Could not resolve host: sub7.allmediacloud.com Laracha C.F. 1 vs S.D. Sofán 2 | S.D. Sofán

Laracha C.F. 1 vs S.D. Sofán 2

By
Updated: febrero 19, 2017
IMG-20170219-WA0036

O campo Municipal de Laracha parecía o Carral na tarde de hoxe. Case 350 afeccionados, con mais de 150 xiareiros da SD, presenciaron unha tremenda victoria dos de Josito, que se sobrepuxeron ás baixas, fixeron un partido tácticamente perfecto e leváronse os puntos cun gran gol do improvisado dianteiro Adrián García cando o partido esmorecía.

O arranque foi trepidante. Na primeira xogada unha combinación da dianteira sofanista acabou cun pase en profundidade a Fabián que definiu moi ben ante a saida de Alex. Na seguinte xogada, nova ocasión, esta vez para Luis, que diante do meta local mandou o balón alto. Igualou pronto o Laracha. A partir de ahí os locais tomaron o mando do balón pero a defensa da Sd estivo moi ben, arroupando ó meta debutante David Pena, que a pesar de ser xuvenil xogou como un auténtico veterano.

O segundo tempo foi mais controlado pola Sd, ainda que o Laracha tivo un par de boas ocasións: un disparo alto na area pequena de Alexandre e unha boa parada de David Pena a disparo de Bea, precederon perigosas contras da Sd, con ocasións para Franchu e Adrián, antes do gol do veloz xogador sofanista, que definiu como un dianteiro nato un bo pase de Luis. A grada era rojilla, e os xogadores captaron esa garra para aguantar o marcador ata o final.

FICHA TÉCNICA:

LARACHA C.F. – Alex Lopez,  Héctor, Pablo Domínguez, Roberto, Rebollo, Michi (Adrián Bouza 77´), Rebolo (Elmer 60´), Patiño, Alexandre (Alberto 85´), Dani Bea e Taibo.

S.D. SOFAN – David Pena, Sito, Sera, Felix, Iván Rey, Seo, Alex Figueiras (Mespollet 89´), Eibe (Adrian GArcia 67´), Franchu (Rubén 85´), Fabián e Luis (Dourado 89´).

ARBITRO. Pablo Rama Cotelo, que amonestou a Taibo por parte do Laracha.

GOLES: 0-1 2´Fabián   1-1 10´Dani Bea   1-2 81´Adrián García.