S.D. Sofán 3 VS Agrupación Estudiantil 2

Sorprendente partido o que se viu onte no Carral. Foi sorprendente o nivel de efectividade da Sd nun impecable primeiro tempo, pero mais sorprendente foron as duas decisións arbitrais que meteron ó Estudiantil no partido, sobre todo o primeiro gol, producto dun lanzamento de falta que bloca Dani Varela sen problemas, e que o colexiado a instancias do linea convirte nun incrible gol. Se tedes curiosidade por ver a xogada, olleade o noso facebook e asombradevos.

O Estudiantil é un gran equipo, pero onte atopouse a unha Sd magnífica, tanto a nivel defensivo como de eficacia en ataque. Ós 10 minutos xa ganaban os de Josito por 2-0, cun gol de Seo á saida dun corner, e outro de Fabián nunha preciosa vaselina. Os visitantes dominaban o xogo, pero en duas contras, unha que acabou con gol de Rojo, e outra que José detivo no man a man a Luis, puido quedar finiquitado o encontro. Mentras tanto Gelucho xa tiña feito 2 cambios á media hora, e un dos que saiu, Brais Calvo, foi o home que creou gran parte do perigo dos visitantes. Foi seu o pseudo gol mais digno dunha sesión de espiritismo que dun encontro de fútbol.

Este gol ó borde do descanso funcionou como revulsivo do Estudiantil, que dominou todo o segundo tempo. Ainda así a Sd estivo moi ben en defensa, concedendo apenas algún barullo na area. O colexiado sinalou outro riguroso penalti na area sofanista, e os últimos minutos foron de infarto, ainda que foi a Sd quen tivo as duas mellores ocasións, nunha gran xogada de Rojo que pasou Jose, e nun corner que Sera rematou alto.

FICHA TECNICA:

S.D. SOFAN – Dani Varela, Sito, Felix, Sera, Ivan Rey, Fabian, Seo, Eibe – Felipe 81´-, Luis – Alex Figueiras 68´-, Rojo – Mespollet 89´- e Raul – Quintela 75´-.

ESTUDIANTIL – Jose, Jacobo – Alfonso 28´-, Fafu, Pablo, Garcia – Mateo 78´-, Hurtado – Juan Rey 60´-, Colon – Roberto 88´-, Alberto, Diego Peña – Brais Calvo 28´-, Vidi e Peiteado.

ARBITRO – Folgueira Rios, que amonestou a Luis e Dani Varela por parte local, e a Garcia e Colon por parte visitante.

GOLES: 1-0 4´Seo 2-0 12´Fabian 3-0 36´Rojo 3-1 41´Brais Calvo 3-2 63´Brais Calvo de pti.