S.D.Sofán 2 vs Ribadeo C.F. 0

By
Updated: Enero 29, 2017

Tenlle tomada a medida a Sd ó Ribadeo, ó que voltou a vencer no Carral por 2 tantos a 0. O partido foi moi traballado polos homes de Josito, que souberon sufrir e tiveron premio nunha xenialidade de Luis e o postreiro gol de Quintela.

O Ribadeo situou de inicio ó seu mellor home, Mauro Poratti, de dianteiro centro, e o arxentino foi un quebradeiro de cabeza para a defensa sofanista. Santi no centro do campo e Rafa Casanova pola banda dereita, surtiron de balóns continuamente a Poratti, que ainda asi comprobou a solvencia da defensa sofanista, que estivo moi segura todo o partido. Iván Rey foi quen de rexeitar a corner un par de centros perigosisimos de Isma. Ofensivamente a Sd non atopaba o camiño á meta de Diego, e so Luis nunha boa internada por banda centrou con moita intención pero Eibe non atinou o remate na mais clara dos locais no primeiro tempo.

No segundo tempo, mais do mesmo. Pelexábase cada metro do campo do Carral, e parecía que o que aproveitase a súa oportunidade iase levar o partido. E así foi: Luki marrou diante de Dani Varela un fenomenal centro de Poratti, e pouco despois Luis sacouse da chistera un disparo de fora da area ante o que Diego non puido facer nada. Ata o final, acoso do Ribadeo e a Sd defendendose con uñas e dentes. Na última xogada, con todo o equipo visitante volcado, Quintela agarrou unha contra, percorreu 40 metros co balón nos pes e batiu a Diego sentenciando o tema.

FICHA TÉCNICA:

S.D. SOFAN – Dani VArela, Sito, Iván Rey, Sera, Felix, Seo, Eibe (Felipe 64´), Alex Figueiras, Rojo (Mespollet 89´), Raul (Quintela 65´) e Luis (Adrian 84´).

RIBADEO C.F. – Diego, Cube, Juanma, Brais (Miguel Gomes 46´), Martín Traba, SAnti (Diego Fraga 62´), Yoel, Rafa CAsanova, Isma, Poratti e Luki (Juan Pablo 82´).

ARBITRO: Gundín Barreiro, que amonestou a Brais e a Juan Pablo por parte visitante.

GOLES: 1-0 81´Luis   2-0 89´Quintela.