Chantada S.D. 3 vs S.D. Sofán 0

No seu viaxe a terras chantadinas levou a SD un duro correctivo, nun partido mediatizado polos goles en minutos chave do equipo local. Adiantaronse na primeira xogada e sentenciaron o encontro na última do primeiro tempo. A Sd non tivo capacidade de reacción e ademais levouse a expulsión de Brais co partido case rematado.

Foi o Brais do Chantada o que adiantou ós locais nada mais iniciarse o partido. A partir de ahí o Chantada tratou de defender co balón no seu poder, pero a partir dos 25 minutos foi a Sd quen se fixo co mando do partido, tendo un puñado de ocasións que a gran actuación do meta local Guiti evitou que subiran ó marcador. Un disparo dende fora da area de Luis, outro cruzado de Quintela ó que respostou o gardameta cun paradón, e un remate de cabeza de Sera, que de novo sacou o gardameta, foron o preludio ó segundo gol chantadino, nun novo erro visitante tras un corner.

O segundo tempo foi un quero e non podo da SD, que ainda que xerou algunha ocasión, como un disparo de falta de Figueiras que voltou a sacar o meta, baixou os brazos tras o terceiro tanto local. Non era a tarde cara a gol dos sofanistas.

FICHA TÉCNICA:

CHANTADA S.D. – Guiti, Alberto, Greco, Delgado (Cristian 74´), Cadete, Traste, Pablo (Pulpix 81´), Noe, Manu, Cesar e Brais (Javi 81´).

S.D.SOFÁN – Dani, Sito (Adrian 46´), Ivan Rey, Seo, Sera, Eibe, Fabian (Figueiras 63´), Luis, Rojo (Alex Varela 72´), Raul (Brais 46´) e Quintela.

GOLES: 1-0 2´BRAIS   2-0 44´TRASTE    3-0 60´BRAIS