COPA DIPUTACIÓN: S.D.Sofán 0 vs Club Silva 1

Caeu a Sd na Copa Diputación ante o Silva por un axustado marcador, resolto pouco antes do descanso nun gran cabezazo de Beto á saida dun corner. O encontro foi moi disputado e intenso, incluso por momentos demasiado. A Sd competiu de ti a ti, pero non estivo fino á hora de crear perigo no marco de Guillermo.

No primeiro tempo foi o Silva o que levou o peso do encontro, cunha Sd ben agazapada esperando unha contra. Un disparo de Real, e sendos remates de cabeza de Michi e Guillerme foron as mellores ocasións visitantes, e unha volea de Rojo a mellor local.

No segundo acto o tema endureceuse bastante. Pediuse penalti a Raul na area visitante. As ocasións brillaron pola súa ausencia, e so a Sd nun remate de Quintela alto, unha falta de Alex Figueiras e un cabezazo de Felix á saida dun corner inquietou algo ó Silva, que pechou liñas, e cun alto nivel de intensidade defendeu o resultado.

Ficha técnica

SD Sofan: Dani Varela, Felix, Ruben, Ivan Rey, Raul, Ivan Rojo (Álex Figueiras, min. 67), Adrian García (Raul Insua, min. 60), Quintela, David (Sito, min. 48), Jacobo Eibe (Fran, min. 75) y Fabian.

Silva SD: Guillermo, Lema, Beto (Toni Insua, min. 75), Cardelle, Guilherme, Michi Leal, Alvarito (Diego Cuesta, min. 84), Moure, Real (Movilla, min. 79), Marcos Gomez y Joao Paulo (Carlos Varela, min. 90).

Goles: 0-1, min. 44: Beto.

Árbitro: Gil Soriano. Most