Preséntanse as 4 primeiras incorporacións para Preferente

Xa está en marcha o difícil e ilusionante debut da Sd Sofán en Preferente Norte, tan brillantemente conquerido a tempada pasada. Despois da renovación do corpo técnico encabezado polo mister José Fuentes, Josito, este traballa xunto coa dirección deportiva do clube na confección dun plantel o mais competitivo posible para afrontar o gran reto que temos por diante.

Con ese motivo, preséntanse as primeiras 4 incorporacións, que na tarde de hoxe estamparon a súa firma co clube carballés. Procedemos a presentalos:

DANI VARELA: Gardameta carballés proveniente do Ordenes, de 24 anos de idade. Dani xogou o ano pasado metade da tempada en Laracha, acabando o curso no Ordenes. Producto da canteira do Bergantiños, Tamén defendeu a meta do CD Baio en Primeira Autonómica e a do Dubra CF en Preferente.

FABIÁN Vidal Ares:25 anos, centrocampista procedente do Sp. Sada. O ano pasado xogou 32 encontros, anotando 2 tantos. Ten pasado no Marino de Mera e no Victoria xuvenil.

JACOBO EIBE Fandiño: 24 anos, centrocampista procedente do San Tirso. Ven de xogar 32 partidos en 1ª Autonómica e de anotar 4 tantos. Ten experiencia en TErceira división e en Preferente, onde xogou co Cerceda e o Carral, respectivamente.

– Adrián QUINTELA Becerra: 23 anos, dianteiro procedente do Cerceda. Rápido e incisivo atacante, que anteriormente destacou no Dorneda e no Sada, onde marcou fai duas tempadas 22 goles en Preferente.

No capítulo de baixas, so se produciu de momento a de Alex Pri, dianteiro que ven de firmar co Sigüeiro de 1ª Autonómica. Nos próximos días cerrarase o plantel con vistas ó inicio inminente da pretempada o día 19 de xullo.