S.D.Sofán 2 vs S.D.Piloño 2

Vaia partido de infarto o de onte no Carral. A Sd tivo que remontar o gol inicial do Piloño, pero co partido controlado viu como un gran lanzamento de falta botaba por terra a victoria no minuto 87. E ainda así, coa Sd volcada, o Piloño puido levarse o partido en duas clarísimas ocasións no desconto. case 200 persoas no coliseo sofanista, que disfrutaron dun gran partido de fútbol.

O Piloño é un dos equipos mais duros e rocosos da liga. E de saida demostrarono. Entraron moito mellor no partido que a Sd, e ós 2 minutos anotaron de falta directa, pero o gol non subiu ó marcador pois o lanzamento era indirecto. Pouco despois un potente remate do seu dianteiro Victor, un pesadelo para a defensa sofanista, significou o primeiro tanto do partido. Tras a súa clásica pájara inicial, a Sd empezou a atacar sobre o portal dun inspirado Cheroki. Luis, que estivo moi ben todo o partido, probou fortuna con un par de disparos cruzados sen atopar portería. Reclamouse penalti a Doldán, pero o colexiado pitou outro no minuto 35, que serviu a Raul para igualar o partido. A Sd podía ir contenta co empate.

O segundo tempo, contra o muro, si que foi dos locais. Doldán á saida dun corner e Brais tiveron as primeiras ocasións. Unha maxistral xogada de Luis acabou cun centro que se paseou pola area pequena. A saida de Franchu doulle mais fútbol ó equipo. Raul, coa caña, anotou o 2-1 ante o delirio da grada. Pero o Piloño é dos equipos que non se rinden, e David tivo que sacar duas mans incribles, sobre todo unha a pe cambiado na que xa se cantaba gol. O golazo do empate dou paso a uns minutos de caos, ataque da Sd á desesperada e contras perigosísimas do Piloño, que se plantou 2 veces diante de David pero de miragre o balón non entrou. Xusto reparto de puntos no Carral.

FICHA TÉCNICA:

S.D. SOFAN – Brais Vázquez (David Insua 46´), Ivan Rey (Alex Pri 88´), Adrian, Sito, Rubén, Felipe, Seo (Franchu 46´), Luis, Brais (Insua 89´), Javi Doldán (Javi Souto 80´) e Raul.

S.D. PILOÑO – Cheroki, Santi, Soto (Alejandro 84´), Diego, Otero, Moncho, Mosquera (Imanol 67´), Marcos (Matias 75´), Victor, Bruno e Ferreiro.

ARBITRO: Fraga Viñuelas, que amonestou a Moncho, Mosquera e MAtias.

GOLES: 0-1 14´Victor   1-1 35´Raul de penalti   2-1 65´Raul   2-2 87´Matias