Dumbría C.F. 3 vs S.D.Sofán 1

A Sd superou a maldición de Dumbría e ó mesmo tempo a eliminatoria de 16avos de final da Copa da Costa. O marcador do partido de ida foi suficiente.

Moita calor na mañan dumbriesa, cuns 100 espectadores no graderío. A Sd anotou pronto o seu tanto, que deixaba a eliminatoria case vista para sentencia. Pero o Dumbría, que fixo un gran esforzo durante o encontro para ter opcións, pronto tivo as suas ocasións. David Insua detivo un penalti no minuto 15, e pouco despois un gran disparo de Manu Nogueira puxo a igualada no tanteo. O primeiro tempo foi de ritmo moi alto por parte dos locais, que acosaron a area de Insua, cun Juan de Dora como elemento mais perigoso. Insua sacou disparos de Cespon e Dora, e o Dumbría viu como se lle anulaba un gol a Aaron.

No segundo acto o dominio seguiu de mans dos locais, cunha Sd replegada e administrando a ventaxa. O Dumbría sacou innumerables corners, pero non tivo ocasións excesivamente claras. Na recta final, un gran gol de Charly e un penalti que esta vez si transformou Cespón co tempo cumprido puxeron o marcador final. A Sd defendeuse con orden e en ningún momento viu a eliminatoria peligrar. O Dumbría xogou un gran partido, pero o marcador do partido de ida foi demasiada lousa para levantar.

FICHA TÉCNICA:

DUMBRIA: Baña, Jose (Isma 68´), Aaron, Conde, Raul, Marcos Mouro, Juan de Dora, Manu Nogueira (David Carreira 56´), Charly (Martín 77´), Diego Cespón e Javi(Alcaina 46´).

S.D. SOFAN: David, Iván Rey, Javi Souto (Alex VArela 56´), Rubén, Sito, Pablo Martínez, Felipe, Seo, Alex Pri (MArtin 71´), Javi Doldán (Raul Insua 77´) e Adrian.

ARBITRO: Pablo Rama, que amonestou a Raul por parte local e a Javi Doldán e Adrián por parte visitante.

GOLES: 0-1 12´Alex Pri   1-1 17´Manu Nogueira   2-1 65´Charly   3-1 89´Cespón.