Corme C.F. 2 vs S.D. Sofán 2

Tablas nun intenso derbi, o disputado onte no Cairo. A Sd deixou escapar unha boa oportunidade de levarse a victoria, pero o gol do incombustible Alejandro no tempo de desconto, cando os cormeláns xogaban con dez homes, impediuno. O empate, de todas maneiras, non lle serve de moito a ningún dos dous equipos.

A Sd nadou e gardou a roupa con intelixencia no primeiro tempo. Anotou Raul na primeira que tivo. Acto seguido a mellor ocasión dos locais: Sito cede mal a Brais, o balón peta no pao, e Adrian Doldán non é quen de remachar o gol. A partir de ahí dominio de balón local e ocasións para a Sd. Rubén á saida dunha falta, e Javi Doldán nun man a man con Suso tiveron as mellores. Pero unha falta lanzada por Lucas ó borde do descanso significou o empate.

No segundo tempo foi Javi Doldán o home que tivo o partido nas súas mans. Marrou duas clarísimas ocasións diante de Suso, e anotou un magnífico tanto rematando en plancha un centro de Raul. Estirouse o Corme, e un gran pase de Lucas marrouno Adrian Doldán so diante de Brais. O partido puxose moi brusco. O colexiado expulsou a Jesús por agresión a Brais. Tivo a sentencia a Sd nunha falta de Iván Rey que petou no longueiro, pero no desconto á saida dun corner Alejandro fixo a igualada.

FICHA TECNICA:

CORME CF: Suso, Brais Torrado (Chans 46´), Cousillas, Adolfo (Alejandro 85´), Jesús, Sueiro, Diego (Joshua 76´), Adrian Doldán, Toniño, Lucas e Eloy (Miguel 73´).

S.D. SOFÁN: Brais VAzquez, Ivan Rey, Adrian, Sito, Rubén, Felipe, Pablo Martínez (Alex Varela 60´), Brais Barreiro, Luis (Ceide 68´), Raul (Alex Pri 86´) e Javi Doldán (Insua 80´).

ARBITRO: Barros Vidal, que amonestou a Lucas, Sueiro e Toniño por parte local,e a Doldán, Rubén e Insua por parte visitante. Expulsou a Jesús no minuto 61.

GOLES: 0-1 5´Raul   1-1 43´Lucas   1-2 59´Doldán   2-2 89´Alejandro.