S.D.Sofán 0 vs Cordeiro C.F. 1

Hai días que a pelotiña non quere entrar, e foi o que lle pasou onte á Sd no Carral ante o poderoso Cordeiro. Despois dun primeiro tempo dominado polos visitantes, o segundo foi un ataque continuo da Sd que viu como o balón se estrelou ata 3 veces no pao, e se lle anulou un gol a Xuco por fora de xogo. O Cordeiro, un gran equipo sen dúbida, tivo a sorte necesaria, esa que chaman dos campións.

O primeiro tempo foi de dominio visitante. Os veteranos Manuel Angel e Chiño controlaron o ritmo no centro do campo, e a Sd estivo moi imprecisa e espesa no seu fútbol, sin encontrar en ningún momento o camino da porta de Diego Busto. David tivo que andar fino baixo paos, sobre todo nunha clara ocasión do dianteiro Manu, que so no punto de penalti rematou para que o meta sofanista se lucira. E como non, á saida dun corner, adiantaronse os visitantes. O resultado era xusto polo visto no primeiro tempo.

Pero o segundo acto foi outra cousa. A saida de Franchu doulle a posesión do balón ós de Josito, e as ocasións non tardaron en chegar. Raul estrelou un balón no longueiro os 55 minutos. Adrian e Sito intentarono con perigosos disparos lonxanos. O dianteiro Juanito foi expulsado e a Sd con un mais volcouse. Na mais clara ocasión Xuco rematou ó pao a medio metro da portería, e marcou no rexeite pero o colexiado invalidou o tanto, ante a decepción dos mais de 200 afeccionados que poblaban o Carral. Co tempo cumplido un remate á saida dun corner de Ruben volveu a bater no pao. Non era a tarde da Sd.

FICHA TECNICA:

SD Sofán: David, Sito (Álex Varela m.81), Adrián, Félix, Rubén, Seo (Xuko m.62), Felipe, Luis (Javi Doldán m.54), Iván Rey, Raúl Insua (Fran m.46) e Raúl.

Cordeiro CF: Diego, Taibo (Gabriel m.81), Damián, Álex, Crego, David (Juanillo m.), Chiño, Manuel Ángel, Gabriel (Valero m.85), Manu (Modaño m.75) e Juanito.

Goles: 0-1 m.27: Manu.

Árbitro: Vázquez Veiras. Expulsou a Juanito no minuto 83 por dobre amonestación.