S.D.Sofán 1 vs Corme C.F. 0

Que bonitos son os derbis na Costa. Onte unha vez mais nun Sofán – Corme o campo do Carral encheuse de bote en bote para ver un intensísimo partido, con alternativas e ocasións de gol. A Sd xogou un gran primeiro tempo, dominando e presionando como facía tempo que non se veía, pero fallou demasiado cara a portería, e no segundo tivo que defenderse ante o acoso cormelán, pois os visitantes buscaron o empate con insistencia, ainda que sen crear demasiadas opcións na porta de Lerma.

A presencia de Martín, Felipe e Franchu no centro do campo dotou ós de Josito que maior fútbol combinativo, e Luis, Insua e Doldán en ataque foron un pesadelo para a defensa cormelá no primeiro tempo, especialmente o zurdo da Ganduma, que entrou con insistencia na defensa azul. Pero a cegueira ante o gol e a boa actuación de Suso nese período, auguraba o que pasou no segundo. Os partidos en 1ª son longos e cambian rápidamente. A Sd tivo que replegarse e fixoo ben, defendendo con moito empeño e sacando varias contras que puideron sentenciar o partido, especialmente en duas ocasións de Raul e Javi Doldán, unha vez mais moi activo e decisivo. Tivo o Corme a súa opción a pouco do remate pero un cabezazo de Jesús saiu lamento o pao.

FICHA TÉCNICA:

S.D. SOFÁN- Lerma, Sito, Iván Rey (Ceide 66´), Rubén, Felix, Martín, Felipe, Franchu, Javi Doldán (Seo 83´), Luis (Raul 72´) e Raul Insua (Javi Souto 56´).

CORME C.F. – Suso, Eloy (Adolfo 70´), Dani Cousillas, Toniño (Alejandro 21´), Jesús (MAnu 85´), Sueiro, Brais, Lucas, Diego (Brais Torrado 59´), Adrián Doldán e Juan Chans.

ARBITRO: Rodríguez Penas, que amonestou a Raul Insua, Martín, Javi Souto e Luis por parte local, e a Sueiro, Jesús e Dani Cousillas por parte visitante.

GOL: 1-0 33´Luis saca unha falta cerrada e Javi Doldán levaa ó fondo das mallas de gran remate de cabeza.

XOGADAS DESTACADAS: 1´SD Franchu recibe no vértice da área e dispara de rosca alto   4´SD Presión da Sd que rouban o balón cerca da área visitante, recibe Felipe e dispara moi forte fora   14´SD Iván Rey saca unha falta escorada que Suso despexa co puño, o rexeite chegalle a Luis que volve a inténtalo pero novamente saca Suso moi atinado   27´CORME Disparo de Chans que rebota en Ruben, supera a Lerma pero Felix atentísimo saca o balón   31´SD Luis vaise de canto xogador do Corme lle sae o paso, dispara e Suso saca unha boa man   33´GOL DA SD   37´SD Nova xogada de Luis que da o pase da morte, Franchu non chega e Martín dispara rexeitando un defensa   40´SD Xogadón de Luis e Ivan Rey por banda e o magnifico centro de Ivan pasease pola área sen atopar rematador   41´SD Corner que remata Ruben sacando Suso en gran parada   43´SD Javi Doldán rouba o balón e saca unha vaselina que lambe o longueiro   44´SD Felix peina de cabeza no segundo pao e cando Javi ia marcar resbala e desaproveita a clara ocasión.   55´SD Falta que remata Javi Doldán fora por pouco   72´SD Javi vaise solo e cruza excesivamente o remate   81´CORME Falta que remata Jesús no punto de penalti fora por pouco   84´SD Raul encara ó porteiro, quere recortar a un defensa e escapaselle o balón cando o mais fácil era marcar.