Previa: Piloño S.D. vs S.D. Sofán

Viaxa a Vila de Cruces a Sd para enfrontarse ó rocoso Piloño, un equipo dos mais duros da liga e que na súa casa so caeu derrotado en 1 ocasión no que vai de liga. Ademais veñen dunha boa xeira, con duas victorias seguidas e o empate na última xornada na casa do lider, o Soneira.

A Sd chega con dúbidas, despois da inesperada derrota na casa ante o Outes, e con ganas de resarcirse na visita ó Piloño. O mister Josito non poderá contar con Lerma e Adrian Garcia, por sendas lesións. O resto do plantel está a disposición do tandem técnico, que unha vez mais terán que deixar a varios homes fora da convocatoria. O encontro comenzará as 17..00 horas do domingo dirixido polo colexiado Fernandez Froiz, do colexio pontevedrés.

HORARIOS FÚTBOL BASE:

CADETE: Muxia vs Sd, domingo as 11.00

INFANTIS: Sd vs Sp.Zas, domingo as 10.45 no Carral

ALEVIN: Lira vs Sd Afición, sábado as 11.00

                  Xallas vs Sd Respeto, sábado as 12.15