Previa: Carcacía vs S.D.Sofán

O domingo ás 16.15 horas saltará a Sd ó campo de Mirarríos no lugar de Carcacía, cerca de Padrón, para enfrontarse por vez primeira ó equipo local, un recén ascendido á categoría. O Carcacía de momento só foi quen de sumar 4 puntos, pero en todos os partidos na súa cancha competíu como o que mais, e a bo seguro que pon moitas dificultades á Sd. Ademais conta o terreo de xogo coa peculiaridade que é de terra, á antiga usanza, feito ó que os xogadores de hoxe en día non están nada acostumbrados e que pode ser decisivo.

Chega a Sd despois da victoria no derbi contra o Corme, coa moral alta pero sin fiarse nin un pelo do Carcacía. Exceptuando a Adrián, que segue a recuperarse da rodilla, o resto do equipo vai a estar a disposición do mister Josito, que terá ata dificultades para facer a convocatoria. A Sd busca unha regularidade que lle permita acercarse ós postos altos, pois ata agora non a atopou. É ben certo que o rendemento fora da casa está a ser moi apreciable, so caendo derrotados na primeira xornada contra o Flavia, e sacando puntos en campos tan difíciles como Vimianzo, Cordeiro ou Tordoia.

O calendario en fútbol base queda como segue, co equipo benxamín que lle toca descansar esta semana:

CADETE: Sd vs BAio, sábado as 16.00 horas no Carral

INFANTIL: Coristanco vs Sd, domingo as 12 horas

ALEVIN AFICION: Sd vs Sp.Zas, sábado as 11 no Carral

ALEVIN RESPETO: Outes vs Sd, domingo as 12