Tordoia C.F. 0 vs S.D. Sofán 2

Derbi de infarto en Gorgullos. Intensidade e agresividade son as palabras que mellor o definen. E gañou a Sd porque estivo acertada de cara a gol, e sobre todo porque todo o equipo se empleou a fondo para cerrar as portas do marco defendido por David Insua. Saiu lesionado Sito, que foi retirado en ambulancia, pero o bravo defensa atópase ben e listo para outra.

Dende o inicio a Sd tentou de levar o mando do encontró, ante un rival que esperaba agazapado e pretendía lanzar rápidas contras. Pero os de Josito tiveron moitas dificultades para trenzar fútbol de ataque. Os balóns parados eras as xogadas mais claras, ata que un erro do meta local propiciou o gol de Luisito. Tivo Doldán a sentencia pero estrelou o balón no pao, antes de que Toño fixera o mesmo ó lanzar unha falta sobre o marco sofanista xusto antes do descanso.

No segundo tempo o partido foi moi intenso. O cadro local meteulle ritmo e o seu mellor home, Denis, comenzou a aparecer e a crear perigo. Cada balón pelexouse con garra por parte de ambos equipos. A Sd puido sentenciar antes o partido en claras ocasións de Doldán e Pri, pero foi un invitado inesperado, Martin, o que puxo o 0-2 e botou abaixo as esperanzas locais de igualar a contienda.

FICHA TÉCNICA:

TORDOIA C.F. – Santi, Dubra, Casti, Chino, Adrian (Andrade 52´), Liñares, Toño, Pombo (Dani Pena 57´), Denis, Che (Gonzalo 72´) e Maki.

S.D. SOFAN – David Insua, Sito (Alex Pri 25´), Alex Varela, Ruben, Felix, Pablo Martínez (Raul Insua 89´), Ivan Rey, Franchu (Martin 79´), Luisito, Adrian e Javi Doldán (Xuco 87).

ARBITRO – Rodríguez Vaamonde, que amonestou a Adrian por parte local, e a Ruben, Luis, Pablo MArtinez e Martin por parte visitante. Expulsou ó adestrador e delegado locais no minuto 70.

GOLES – 0-1 25´ Centro de Luis sen aparente perigo que se lle cola ó gardameta local entre as pernas   0-2 88´Martin recolle un rexeite dentro da área e remata cruzado ó fondo das mallas.

XOGADAS DESTACADAS – 16´TORDOIA Pase de Che a Maki que dispara frouxo parando Insua   18´SD Boa xogada de Luisito por banda, dispara forte e rexeita Santi   25´GOL DA SD   38´SD Nun balón bombeado Javi Doldán gánalle a acción ó porteiro local, remata de cabeza e o balón da no pao cando xa se cantaba o gol   41´TORDOIA Toño lanza unha impecable falta que da na escadra   42´SD Gran centro de Luis que Alex non é quen de rematar no segundo pao   44´TORDOIA Insua deixa un balón morto na área, remata Pombo pero o balón bate nun defensa   49´SD Boa escapada de Javi Doldán, que dispara cruzado fora   63´TORDOIA Insua para en dous tempos unha perigosa falta de Toño   69´TORDOIA Gran xogada d eDenis en banda e o seu centro pasease pola área da SD   72´SD Clara ocasión de Javi a centro de Luis pero o seu remate na área pequena sae fora   76´SD Gran disparo de Alex Pri á reviravolta que sae a rentes do pao   79´SD Claro penalti a Doldán que o colexiado pasa por alto   81´SD Pri non acerta a empurrar a gol un bo centro de Javi   87´TORDOIA Maki remata un corner alto   88´GOL DA SD   89´SD Contra de Xuco que cando vai a encarar a Santi, dispara e Chino rexeita con apuros.