Soneira S.D. 1 vs S.D. Sofán 1

Clásico derbi o visto na tarde de onte en Vimianzo. Moito público nas gradas, que presenciou un encontró moi pelexado, entre dous conxuntos moi parexos que se coñecen moito. O resultado de empate parece o mais xusto a tenor do visto nos 90 minutos. Saiu lesionado Pablo Martínez con un aparatoso corte na frente.

As fortes liñas defensivas de ambos equipos apenas concederon ocasións. O fútbol non foi en ningún momento fluido, pois os dous conxuntos puxeron moito empeño na presión sobre o rival e nas tarefas de contención. O Soneira foi o que tivo as mellores ocasións no primeiro tempo: Javi disparou duas veces con perigo, unha delas repelida polo pao, e Via Rapida case aproveita unha falta de entendemento entre o meta sofanista e Alex Varela. A Sd xogou un fútbol moi directo fiando os seus ataques ó binomio Raul – Javi Doldán.

Co gol de Basti, en estado de gracia o dianteiro, o partido abriuse un pouco. A Sd atacou con mais insistencia pero sen demasiada claridade. O Soneira so levaba 3 goles encaixados en 6 partidos, o que mostra a sua fiabilidade defensiva. Anxo sacou unha boa man a un gran disparo de Felipe. Co partido moi trabado foi o desatascador Javi Doldán, peleón coma sempre, o que dou a igualada cando a victoria local xa se cantaba. Ainda na ultima xogada tivo Javi unha boa ocasión para o Soneira pero o seu remate saiu lambendo a escadra.

FICHA TÉCNICA:

SONEIRA S.D. – Anxo, Cristian (Dario 54´), Pichi, Maikel, Alberto, Mayor, Sandelo, De la Sierra (Fran de Urroa 81´), Basti (Nazo 71´), Javi e Via Rápida.

S.D. SOFÁN – David Insua, Adrian, ALex Varela (Martin 60´), Ruben (Raul Insua 73´), Felix, Pablo Martínez (Felipe 6´), Sito, Ivan Rey, Luis, Raul (Alex Pri 60´) e Javi Doldán.

ARBITRO: Fuentes Seoane, que amonestou a Alberto, Dario e Cristian por parte local e a Javi Doldán por parte visitante.

GOLES: 1-0 52´Balón morto na área sofanista, Bastin acerta a meter o pe e introduce o balón pola escadra.     1-1 86´ Javi Doldán remata de cabeza un balón longo, o coiro fai unha extraña parábola e cólaselle a Anxo.

XOGADAS DESTACADAS: 8´SONEIRA Durísimo disparo de Javi ó que responde Insua cunha gran parada   14´SD Luis dende a frontal da área dispara moi alto   33´SONEIRA Falta de entendemento entre Alex Varela e David que Via Rapida non aproveita   40´SONEIRA Bo centro de Cristian Figueroa e remate de Via Rápida alto   44´SONEIRA Tremendo disparo de Javi que repele o pao   51´SD Boa internada de Luis que detén Anxo con seguridade   54´GOL DO SONEIRA   59´SD Balón longo de Sito a Luis, este recorta e dispara desviado   75´SD Paradón de Anxo a un gran disparo dende a frontal de Felipe   86´GOL DA SD   89´SONEIRA Falta que saca Via Rápida en corto a Javi e o disparo coa zurda deste sae lambendo o longueiro