S.D. Sofán 8 vs SHD Palmeira 2

Goleada da Sd no Carral ó recén ascendido Palmeira. E a pesar do resultado facendo honor á verdade hai que decir que o Palmeira deixou boa imaxe nos primeiros 45 minutos, pero o feito de xogar con un xogador de campo de porteiro, e a pólvora da Sd, fixo que o resultado fora de escándalo.

Anotou pronto Javi Doldán, pero a primeira media hora foi de dominio visitante. Os de Ribeira estrelaron 2 balóns nos paos, pero en 5 inspirados minutos a Sd sentenciou o encontro. O segundo tempo foi de trámite, e hai que alabar a actitude competitiva dos visitantes ata o pitido final. Os 200 espectadores que se acercaron ó Carral desfrutaron moito co seu equipo e aplaudiron ós xogadores a rabiar.

FICHA TECNICA:

S.D. SOFÁN – David Insua (Lerma 65´), Adrian, Alex Varela, Ruben (Martin 46´), Felix, Sito (Ceide60´), Pablo Martinez, Luis, Ivan Rey, Javi Doldán (Alex Pri 50´) e Raul (Xuco 57´).

SHD PALMEIRA – Jorge Briones, Gonzalo (Edu 48´), Joserra, Jorge Perez, Torres, Alvaro (Axel 35´), Eiras, Moncho, Vicente (Andres 66´), Pichichi e Oscar Iglesias.

ARBITRO – Añon Salgueiro, que amonestou a Ruben, Javi, Sito, Felix e Pablo por parte local, e a Torres, Eiras e Moncho por parte visitante

GOLES – 1-0 8´ Javi Doldán 2-0 38´Raul 3-0 40´Luis 4-0 44´Raul 5-0 46´Raul 5-1 52´Vicente de pti 6-1 57´Alex Pri 7-1 59´Xuco de pti 8-1 73´Ivan Rey 8-2 87´Moncho