Previa: Tordoia S.D. vs S.D. Sofán

O domingo a partir das 5 da tarde disputa a Sd un derbi inédito: enfrontase por vez primeira ó Tordoia en partido oficial. A boa relación entre os dous clubes augura un partido moi interesante. Proba da boa sintonía entre clubes é a foto, de homenaxe ó equipo femenino do Tordoia no Carral fai duas tempadas. A bo seguro que a afección sofanista acudirá en masa a Gorgullos a animar ó seu equipo.

O Tordoia ten 2 puntos no seu casilleiro producto de duas igualadas na súa casa, pois caeu derrotado nas visitas a Bertamiráns e Vimianzo. Pero é engañosa a taboa clasificatoria, pois a semana pasada puxo as cousas moi dificiles ó lider Soneira, que solo con un gol de Basti no desconto se desfixeron dos de Tordoia. O equipo é practicamente o mesmo que ascendeu o ano pasado na promocion ante o Zas. O gardameta Santi é un dos seus puntais. Na liña defensiva a fichaxe de Dubra apuntalou unha liña moi segura, e no medio Toño e Liñares aportan forza e veteranía. O perigo está arriba, onde xogan Denis e Maki, os dous mellores homes do Tordoia.

A Sd chega en boa xeira, pero co equipo todavia sin acoplar de todo. Bertín segue a ser baixa, e é dúbida o dianteiro Raul, lesionado no choque contra o Bertamiráns.

En fútbol base, precioso fin de semana que nos espera, un mais, cos seguintes horarios:

CADETES: Outes vs Sd, sábado as 10.30

INFANTIS: Sd vs Lira, sabado as 16.00 horas no Carral

ALEVINS: Sd respeto vs Sd afición, sábado as 18.00 no Carral.