Previa: Sd Sofán vs SHD Palmeira

Visita o Carral por vez primeira na súa historia o conxunto ribeirense do Palmeira. E faino tras caer derrotado estrepitósamente o domingo pasado ante o lider Soneira. Farao o domingo as 16.30 horas baixo a arbitraxe de Añón Salgueiro, e con alta probabilidade de choivas.

O Palmeira ocupa a 11ª praza na taboa clasificatoria. Chega a Sofán con 2 baixas importantes, a do gardameta titular e a do dianteiro Viturro, ambos sancionados. Ainda así a bo seguro que é un rival perigoso, sobre todo nos balóns parados, tal e como mostrou na victoria ante o Bertamirans B por 5-2. Chegan co Palmeira dous vellos coñecidos da Sd, pois xa xogaron no Carral co Salvora fai un par de anos, o dianteiro Vicente, pichichi do equipo o ano pasado, e o mediocentro Alvaro.

A Sd segue sen contar con Bertin, e únese ás baixas Franchu por motivos laborais. O resto do equipo está a disposición do mister, incluso Brais e Javi Souto que veñen de recuperarse de sendas lesións.

O calendario en todas as categorias para a fin de semana queda así:

SENIOR: Sd vs Palmeira, domingo as 16.30 horas no Carral

CADETE: Sd vs Os Miudos, sabado as 19.00 horas nas Eiroas

INFANTIL: Fisterra vs Sd, domingo as 12.00

ALEVIN: Sd respeto vs Lira B, sabado as 16.00 horas no Carral

                  As BAleas vs Sd afición, sábado as 12.00 horas