Previa: S.D.Sofán vs Corme C.F.

O domingo no Carral volverase a vivir un episodio desa bonita rivalidade que teñen Corme e Sofán os últimos anos, que fai que cada vez que saltan a un campo de xogo se vexan partidos para recordar pola intensidade e o bo fútbol. Ascendidos xuntos a 1ª Galega, o ano pasado xogaronse o pase á final copeira nunha semifinal de infarto. Seguro que o domingo a partir das 16.30 horas vemos outro gran partido, con duas aficións volcadas a animar deportivamente ó seu equipo.

Chega a Sd con ganas de resarcirse da derrota contra o Agolada. Josito conta con toda a plantilla para afrontar o choque polo que poderá poñer o seu once de gala. Por parte cormelá é probable que non xogue o seu dianteiro Alejo, lesionado no xeonllo o domingo pasado, ó que lle desexamos unha pronta recuperación. A Sd chega con 13 puntos no seu casilleiro, mentres que os da vila mariñeira teñen 7, e veñen de duas derrotas seguidas que a bo seguro querrán superar rápidamente. Augúrase unha tarde intensa en Sofán.

PARTIDOS DE FÚTBOL BASE:

CADETE: Ponteceso vs Sd, domingo as 11.00 horas

INFANTIL: Sd vs Corme, domingo as 12.00 nas Eiroas

ALEVIN AFICIÓN: Dumbría A vs Sd, sábado as 11.30 horas

ALEVIN RESPETO: Sd vs Dumbria B, sábado as 19.00 horas nas Eiroas

BENXAMIN: Dumbría vs Sd, sábado as 10.30 horas