Previa: S.D.Sofán vs Agolada S.D.

Visítanos o domingo a partir das 16.30 horas o conxunto lalinense do Agolada, que tan boa imaxe deixou o ano pasado no Carral. A bo seguro que vai a ser un oso dificil de roer. Veñen de golear ó Malpica por 5-1 e de poñerlle moi dificiles as cousas ó Soneira en Vimianzo. O equipo é similar ó que presentaban o ano pasado: Rafa é un seguro de vida baixo paos, Ruben Arean e Canutas aportan veteranía en defensa, Santi é o home mais destacado na zona media e arriba contan con Pablo, home de referencia pola sua corpulencia e instinto goleador, e o pichichi Aitor Hurtado, que xa o ano pasado se fartou a marcar goles e este sigue pola mesma liña.

A Sd chega co seu mediocampo tocado, pois nin Franchu nin Pablo Martinez poderán ser da partida, o primeiro por temas laborais e o segundo polo corte na frente sufrido en Vimianzo. Bertín segue de baixa, e Brais Barreiro é dubida. Polo demais todos os homes a disposición do mister.

O resto de encontros da fin de semana en canto a fútbol base son os seguintes:

CADETE: Sd vs Cabana, sábado ás 16.30 horas no Carral

INFANTIL: Dumbria vs Sd, domingo as 12.00

ALEVIN: Sd Aficion vs Os Miudos, sábado as 11.00 no Carral

                  Xallas B vs Sd Respeto, domingo as 12.30

BENXAMIN: Sd vs Os Miudos, sábado as 12.00 no Carral