Fútbol base: resumo semanal

Xa están todos os equipos da Sd en marcha. Fora de competición oficial os biberóns e os prebenxamíns desfrutaron dunha mañan de fútbol en Laracha e Betanzos respectivamente. Con respecto ós outros equipos, matinal sabatina en Cee con 3 equipos da Sd competindo, e destacar ó infantil que segue a contar os seus partidos no Carral por victorias, e dando espectáculo do bo.

CADETE: U.C.Cee 3 vs S.D.Sofán 2

0-1 13´Nacho Eiris 1-1 23´Sergio Cambeiro 1-2 38´Nacho Eiris 2-2 63´Sergio Cambeiro 3-2 79´Sergio Cambeiro

Foi moi cruel o fútbol cos rapaces de Javi, que xogaron un partidazo ante un fortísimo rival que conta os seus partidos por victorias. Marraronse claras ocasións en ambos períodos, e so a calidade de Sergio Cambeiro, un xogador dos mellores da liga sen dúbida, decantou a balanza a favor dos locais.

INFANTIL: S.D.Sofán 4 vs Xallas C.F. 2

1-0 9´Raul Varela 2-0 48´Fabian Souto 2-1 62´Javier Castro 3-1 64´Adrian Alvarellos 3-2 65´Javier Castro 4-2 75´David Muiño

Precioso partido matinal no Carral, que se decantou do lado local a pesar de ter que sufrir durante moitos minutos o acoso do correoso equipo xalleiro.

ALEVIN AFICION: U.C.Cee 2 vs S.D.Sofán 1

1-0 43´Alex 1-1 46´Dani Calvete 2-1 48´Rubén

Tremendo encontro de alevins entre dous dos mellores equipos da liga: disputado, tenso, con calidade en ambos equipos e decidido nun tramo final de partido de infarto. A Sd mereceu mais pero a calidade ceense arriba impúxose.

ALEVIN RESPETO: S.D.Sofán 1 vs Lira C.F. 9

O gol da Sd anotouno Yelco. Os de Suso van mellorando pero todavia están moi inocentes en ambas areas.

BENXAMIN: U.C.Cee 13 vs S.D. Sofán 1

O gol da Sd anotouno Eloi de penalti. Os nenos de Luis Collazo competiron ante un rival superior que practicamente cada vez que tirou a portería anotou gol.