Fútbol base: resumo semanal

Fin de semana de goles en fútbol base. O partido mais competido foi o dos cadetes, que pelexou pola victoria ata os últimos intres ante o potente Os Miudos a pesar das baixas que arrastraba. O infantil trouxo unha engañosa goleada de Fisterra, e os alevíns deron unha de cal e outra de área.

CADETE: SD 2 vs Os Miudos 5

0-1 13´Angel 0-2 42´Miguel 1-2 44´Miguel Cancela 1-3 60´Ruben 2-3 61´Nacho Moreno 2-4 79´Ruben 2-5 80´Daniel

As baixas de Eloy e Sebas notaronse no equipo, que a pesar diso fixo un partido moi digno e pelexado e tivo opcións de victoria ata case o final do mesmo. A calidade dos homes de arriba dos Miudos, en especial de Ruben e Jose M.Sestayo decidiu o choque.

INFANTIL: Fisterra 6 vs SD 1

1-0 8´Mateo 2-0 17´Ivan 3-0 20´Mauro 3-1 35´Raul Varela 4-1 42´Mario 5-1 70´Mario 6-1 74´Rui

O equipo de Cantudo entrou moi frio no encontró e iso contra un equipo da calidade dos fisterráns págase caro.

ALEVIN AFICION: SD 12 vs Lira B 1

Os goleadores foron Borja 2, Ruben 3, Ivan 2, Guille 2, Pablo 2 e Adrian. O equipo de Diego Viaño non tivo rival.

ALEVIN RESPETO:  As Baleas 9 vs SD 0

Os rapaces de Suso competiron con dignidade ante un bo rival.