Fútbol base: resumo semanal

Multiplicouse a estructura de base da Sd para acompañar ós diversos equipos polos campos costeiros. A nota mais destacada foi o enfrontamento en categoría alevín por vez primeira na historia de dous equipos da Sd que compiten na mesma categoría. O Sd AFICIÓN venceu ó Sd RESPETO, sendo o resultado o de menos, pois os rapaces pasárono en grande. O cadete caeu por vez primeira na liga en Outes, e o infantil fixo as delicias do respetable goleando ó Lira no Carral.

CADETE: Outes 3 vs Sd Sofán 1

1-0 26´Alex en p.p.   1-1 30´Eloy Cabeza   2-1 39´Adrian   3-1 50´Kevin

Competiu ben a Sd no sempre difícil campo do Cunchido, pero a calidade en ataque do Outes, aproveitando erros defensivos da Sd puido cos nosos. Eloy anotou un golazo de falta, pero saiu lesionado nun nocello, ó igual que Sebas.

INFANTIL: Sd Sofán 9 vs Lira 0

1-0 8´Montero 2-0 16´David Muiño 3-0 21´David Muiño 4-0 45´Cristian 5-0 47´Montero 6-0 52´Mato 7-0 57´Raul 8-0 76´Raul 9-0 78´Raul

Foi moi superior o infantil de Cantudo ó voluntarioso Lira, que a pesar da goleada tivo no seu guardameta ó mellor xogador sobre o campo. Viuse un gran fútbol con preciosos goles. Os dous últimos de Raul, para enmarcar.

ALEVIN:Sd Respeto 2 vs Sd Afición 8

0-1 5´Calvete 0-2 12´Brais 0-3 14´Ivan 0-4 18´Calvete 1-4 19´Pablo en pp 1-5 23´Borja 1-6 24´Ivan 1-8 25´Calvete 1-9 32´David 2-8 39´Yelco

De hístorico so se pode calificar este encontró entre equipos rivais pero irmáns, nenos que comparten o día a día e que se sentían extraños enfrontándose no coliseo do Carral. A superioridade do Afición foi clara, pero o Respeto batiuse con orgullo e gallardía, tendo en conta que para algún dos nenos era o primeiro partido que xogaban nunca.