S.D. Sofán 3 vs Bertamiráns B 0

Comoda victoria da Sd cimentada nunha forte saída no inicio do choque. Á media hora xa vencia a Sd con claridade, e dedicouse a fallar ocasións ata o final do encontró. O filial do Bertamiráns mostrou calidade e bisoñez a partes iguais, e a contundencia ofensiva da Sd pronto acabou coa súa resistencia.

Tivo as primeiras ocasións Javi Doldán, moi incisivo como sempre. Marrou dende o borde da área co exterior e a un metro da portería pouco despois. Pero o pichichi Raul non fallou, e adiantou ós locais. Pronto chegou o segundo de Ruben e o encontró quedou sentenciado. O terceiro de Pablo Martinez, precedido de clarísimas ocasións de Javi e Raul clavou definitivamente a tumba dos visitantes, que ainda viron como se lle anulaba un novo tanto a Raul por un incrible e inexistente fora de xogo. O segundo tempo foi de mero trámite, coa Sd tentando marcar mais goles pero sin excesivo acerto, e o Bertamiráns impotente en ambas áreas.

FICHA TÉCNICA:

S.D. SOFAN: David Insua (Brais 71´), Adrian (Ceide 60´), Alex Varela, Ruben, Felix, Sito, Pablo MArtinez ( MArtín 46´), Franchu, Ivan Rey, Javi Doldán (Alex Pri 46´) e Raul (Insua 64´)

BERTAMIRÁNS B: Borja, Gonzalo (Cohen 46´), Saul, Adrian Conde, Aitor, MAteo (Meijide 58´), Carlos (Siaba 46´), Alvite (Jaime 71´), Alberto (Sergio 85´), Novegil e Hermida.

ARBITRO: Souto Minguez, que amonestou a Ruben e Ivan Rey por parte local e a Alberto por parte visitante.

GOLES: 1-0 9´Raul remata un balón morto no punto de penalti    2-0 13´Ruben á saida dun corner    3-0 31´Pablo Martínez en outro corner

XOGADAS DESTACADAS: 5´SD Javi rouba un balón no borde da área e remata co exterior alto por pouco   6´SD Remate de Raul alto á saida dun corner   8´SD Boa xogada de Adrian por banda, o seu centro rematao Javi a porta valeira fora   9´GOL DA SD   13´GOL DA SD   27´SD Pase en profundidade de Pablo a Javi, este encara a Borja, pero o porteiro visitante salva o gol in extremis   31´SD Gran remate de cabeza de Raul que lambe o longueiro   32´GOL DA SD   58´SD Raul eleva ante a saida de Borja fora   65´SD Boa xogada de Insua, remata coa zurda e Borja saca una boa man    67´SD Insua quedase diante de Borja pero remata a rentes do pao   68´BERTAMIRANS Remate de Hermida na área pequeña fora por pouco   81´BERTAMIRANS Brais saca un remate de Siaba tras unha boa xogada individual deste.