Fútbol base: resumo semanal

Dous resultados nas competicións de base no que respecta ós equipos da Sd: a victoria dos cadetes ante o Soneira, e a derrota dos infantís en Cee.

CADETE: Sd Sofán 2 vs Soneira c.f. 0

1-0 24´Sebas   2-0 58´Eloy de penalti

Gran partido do cadete ante un correoso rival. Os de Javier xogaron un magnífico primeiro tempo, culminado co golazo de Sebas de axustado disparo dende o vértice da area. No segundo tempo sufriuse ante as acometidas do bo conxunto vimiancés, pero o tanto do capitán Eloy dende o punto de penalti e a solvencia defensiva do equipo serviu para manter o resultado.

INFANTIL: U.C.Cee 3 vs Sd Sofán 1

1-0 21´Dani   2-0 56´Leandro   2-1 75´Adrian Vázquez   3-1 79´Dani

Bo partido dos infantís en Cee, competindo a moi bo nivel ata o pitido final. Unha vez mais o alevín Adrian Vazquez, un proxecto de gran xogador, foi o que anotou o tanto dos infantís.