Sp. Zas 1 vs S.D. Sofán 2

Venceu na chuviosa tarde de onte a Sd en San Andres nun dos últimos amigables antes do inicio ligueiro. O encontro foi moi igualado, os locais mostraron as armas que a bo seguro os levarán a loitar polo título de 2ª autonómica unha vez mais.

A Sd alineou a: David Insua, Adrian, Sito, Alex Varela, Ruben, Felipe, Ivan Rey, Brais, Alex Pri, Insua e Raul. No segundo tempo tamen xogaron Lerma, Brais Vazquez, Seo, Martin, Xuco, Luis, Javi Doldán e Ceide.

O Zas adiantouse por medio de David Blanco no minuto 35, pero no segundo tempo primeiro Xuco no minuto 68 e despois Luis no 77 deixaron o marcador nese 1-2 final. No bando zasense xogaron os ex sofanistas Bugy e Diego, que tiveron destacadas actuacións: Bugy salvou claras ocasións de Pri, Insua e Raul, e Diego mesmo estrelou unha falta no longueiro.

Para rematar a pretempada a Sd xogará os últimos partidos preparatorios esta semana, o mercores contra o Bergantiños nas Eiroas as 20 horas, e o domingo en Betanzos contra o equipo local a partir das 17 horas.