Ponteceso S.D. 0 vs S.D. Sofán 4

Xogou a Sd na tarde de onte o seu cuarto amistoso no Pinguel de Ponteceso, onde se impuxo ó cadro local por un claro 0-4. Incluso Raul marrou un penalti no primeiro tempo. A Sd alineou a : Lerma, Ceide, Sito, Seo, Ruben, Franchu, Brais, Ivan Rey, Luis, Insua e Raul. Tamen xogaron os gardametas David, Brais, e os xogadores de campo Martin, Xuco e Dourado.

O marcador moveuse da seguinte maneira: 0-1 15´Iván Rey de forte disparo dende a frontal 0-2 51´Raul tras roubar o balón nun erro da defensa local 0-3 70´Brais nun barullo na area 0-4 81´Xuco tras gran centro de Sito.