Betanzos c.f. 1 vs S.D. Sofán 1

Rematou a pretempada, e fixoo no histórico Garcia Hermanos de Betanzos ante o devaluado equipo local, un clásico da terceira división que esta tempada competirá en primeira autonómica. Baixo un calor abafante, a igualada pódese considerar un resultado xusto. Adiantaronse os betanceiros ós 28 minutos tras un erro defensivo da Sd que aproveitou o capitan Manu para batir a Lerma. No minuto 58 chegou a igualada: Xuco escapouse da defensa, encarou ó gardameta, que rexeitou o seu tiro en primeira instancia, pero Raul chegando dende atras introduciu o balón nas mallas.

A Sd alineou a Lerma, Adrian, Ivan Rey, Ruben, Sito, Felipe, Luis, Ceide, Alex Pri, Raul Insua e Javi Doldan. No segundo tempo sairon Seo, Raul, Xuco, Felix e Brais Vazquez.

Agora a pensar no Flavia, que será o rival no estreno ligueiro o proximo domingo.