Bergantiños c.f. 0 vs S.D. Sofán 0

Xa estamos na recta final da pretempada. So quedan 10 dias para o desexado debut ligueiro. Os homes de Josito afilan as súas armas. Onte no anexo das Eiroas disputaron un amigable a 35 minutos por parte ante o Bergantiños. Serviulle a ambos equipos de entreno intenso. Non houbo goles pero si moito ritmo, e foi unha boa pedra de toque para os sofanistas. Xogou Felix, de volta das súas vacacións maritales, pero non o fixeron nin Alex Varela nin Brais, lesionados. Seguen na enfermería Javi Souto, Bertín e Eloy Boedo. Franchu e Pablo Martinez tampouco estiveron por viaxe.

O domingo o equipo xa disputa o ultimo amistoso desta longa pretempada, en Betanzos ante o equipo local a partir das 17.00 horas.