Javi Doldán: un dianteiro para a Sd

A 2ª incorporación da Sd é o ex-atacante do Arteixo Javi Doldán. O de Cambre tivo unha participación destacada o ano pasado no equipo da Ponte dos Brozos, onde xogou 34 partidos ligueiros anotando 6 tantos.

Javi, de 30 anos, é un atacante peleón e oportunista, un compañeiro ideal para calquera dianteiro, e un pesadelo continuo para as defensas contrarias. A súa amplia traxectoria avalao: Sp. Cambre, Sada, Soneira, San Tirso, Club do Mar de Caion e Arteixo comprobaron o seú rendemento, sempre regular e ó servicio do clube. No seu palmarés, 3 ascensos: a 2ª e a 1ª co Cambre, e a Preferente co San Tirso, e unha Copa da Coruña co Cambre. O xogador contestanos un rápido interrogatorio.

Cales foron os motivos que te fixeron decidirte pola Sd Sofán para a tempada 2015/2016?
Trátase dun clube en crecemento con gañas de facer ben as cousas, co  obxectivo de chegar lonxe e pelear o ascenso. Ademais coincidirei con moitos coñecidos de anteriores etapas, algo moi importante para min.

Para os afecciónados que non te coñecen, como te definirias como xogador?
Prefirió non definirme moito, o que teño claro é q verán a un xogador comprometido cn adestrador, cos compañeros e co clube, tanto no campo como fora del.
Que esperas desta nova etapa en Sofán?
Aportar o máximo posible para conseguir os objetivos marcados polo clube: sexa da forma que sexa, con goles ou con traballo
Que che parece o equipo que se está a formar?
Creo que coa xente que xa había no clube maís os que nos estamos a incorporar, seremos un equipo sobre todo moi competitivo, algo indispensable para lograr objetivos. A calidade haína,  e se a eso lle sumas compromiso e dedicacion pola semana e o fin de semana seremos un equipo complicado para calquera rival.
Cal foi o teu mellor momento como xogador?
Probablemente os dous ultimos anos en Cambre con ascensos e a copa da Coruña, xogando no equipo do teu pobo e cos amigos, sentinme un xogador importante e marcando bastantes goles. Pero esperemos que poida recordar este ano tamen por cousas bonitas e moi boas.