Adrián García, a primeira fichaxe.

Como no anuncio, volta a casa, ainda que non por navidade, o xogador carballés Adrián García. Despois de 3 tempadas na SCD Malpica, sendo un dos xogadores mais destacados na Pedra Queimada e chegando a formar parte da selección da Costa en algunha ocasión, regresa á banda do Carral, que xa percorreu por 4 anos consecutivos anteriormente. A afección sofanista lembra a súa velocidade, entrega e loita, e acollerá de volta a Adrian cos brazos abertos.

O lateral ou interior dereito de 28 anos respondenos a un par de preguntas:

Volves a Sofán despois de uns anos en Malpica. Como te atopas ante a posibilidade de volver a xogar no Carral?

Pois ilusionado, porque e un lugar donde sempre me trataron ben e con moito cariño como fan con todolos xogadores. Marchei da Sd, para subir de categoria e ahora q tanto creciu o clube pois faime especial ilusion q conten conmigo para un prollecto tan bonito como e este.

Que recordos gardas da tua anterior etapa no clube?

Pois son todos moi bos!!! Crecin como persoa e como xogador pero o q mais recordo foi o apoio q recibin de toda a directiva e xogadores do clube. Portaronse moi ben conmigo e estareille sempre agradecido. E tamen se me acorda moito o churrasco dos viernes!!

O equipo cambiou moito en poucos anos. Que esperas deste ano en primeira autonómica?

Sigo a Sd e asombrame o moito q creciu e espero que siga asi. E de este ano espero poder axudar para superar os resultados da pasada tempada, que vai ser moi complicado pero intentarase. E o q me faria especialmente ilusion seria poder chegar a ganar algun titulo, especialmente a copa da costa que xa xogei unha final co Malpica e quedaronme moitas ganas de repetir.

Que diferencias ves entre o Sofán que deixaches e este ó que volves?

A profesionalidade sobretodo, fora do campo segue sendo como unha familia, pero no tema deportivo creciu moitisimo tanto no primer equipo como cas categorias inferiores que estan demostrando unha forma de traballo increible, de feito este ano fun a o Carral ver un par de partidos e ver tanta xente no campo e tanto neno coa camiseta posta da Sd deixoume flipando. E ter nestas categorias unha grada chea e animando e moi dificil e dan moitos puntos na clasificacion ainda q parezca mentira.