Soneira S.d. 3 vs S.d. Sofán 0

By
Updated: Octubre 13, 2014

Mala tarde da Sd a de onte no Municipal de Vimianzo. O equipo de Josito andivo erratico polo campo, non lle saiu nada do que intentou e atopouse con un gran Soneira, que dominou a placer o primeiro tempo, e simplemente defendeu a ventaxa adquirida no segundo.

O inicio de partido, sen embargo, foi da Sd, que con un dinámico Luis creou perigo en varias ocasións na meta de Anxo. Pero cando o soneirán Javi empezou o seu recital o partido decantouse para o bando local. O dianteiro foi o mellor home sobre o campo, ben acompañado por Basti, Richi e Sandelo. Na parte defensiva a novedosa posición de Pichi como central foi un exito, e o Soneira pasoulle por encima á Sd. Chegaron os goles de maneira continuada, ainda que a Sd co 1-0 tivo a sua mellor ocasión en botas de Brais.

A pesar dos drasticos cambios no descanso, o segundo tempo foi un querer e non poder para a Sd. O Soneira mostrouse solvente en defensa, e xogou cos tempos do partido deixando pasar os minutos. Javi seguia ó seu, e cada balón que tocaba era para disfrute do espectador. Anxo non tivo apenas que intervir e a Sd marchouse cunha xusta derrota ás costas.

FICHA TÉCNICA:

SONEIRA S.D. – Anxo, Chans – Fabian 81´-, Fran de Urroa, Pichi, Michael, Mayor, Sandelo, Nazo – Cristian 75´-, Richi, Javi e Basti.

S.D.SOFAN – Lerma, Sito, Javi Souto, Pablo Martinez, Felix, Michel – Seo 70´-, Eloy Boedo, Ivan Rojo, Luis – Martin 46´-, Bertin – Leilan 46´- e Brais – Raul 46´-.

ARBITRO: Patricio Blanco, que amonestou a Mayor 43´, Anxo 52´, Fran 52´, e Pichi 88´por parte local, e a Rojo 35´e Boedo 60´por parte visitante. Expulsou o adestrador local Jose Angel no minuto 43 de partido.

GOLES: 

1-0 29´Javi lanza unha falta ó borde da area e o balón entra como un obus na porta de Lerma

2-0 35´Falta colgada na area que cabecea Javi hacia Basti e este libre de marca empurra o balón á rede.

3-0 85´Contra do Soneira, pase en profundidade a Cristian que define ante Lerma.

XOGADAS DESTACADAS:

PRIMEIRO TEMPO – 6´Pase en profundidade de Rojo a Luis, pero este cando se ia plantar so diante de Anxo escapaselle o control e desbarata a ocasión     14´Falta que lanza Luis frouxo e fora     16´Gol ben anulado ó Soneira por fora de xogo     29´GOL DO SONEIRA     31´Basti protexe ben o balón no borde da area, cede a Richi que chegaba lanzado e o seu disparo sae alto     34´Disparo de Brais dende o borde da area que rebota nun defensa e case se lle cola a Anxo     35´GOL DO SONEIRA

SEGUNDO TEMPO – 58´Disparo de Michel dende o borde da area alto   62´Felix sumado ó ataque recibe na area pero o seu disparo á reviravolta sae fora     65´Sito rexeita un perigoso disparo de Basti dentro da area     70´Preciosa xogada de Nazo que tras recortar a Sito dispara lambendo o pao     74´Tremendo pase de Javi a Richi, que ante Lerma intenta facer unha vaselina pero o gardameta chapa o esferico     78´Centro de Martin que remata Raul, pero Michael rexeita o disparo     85´GOL DO SONEIRA     87´Rojo plantase so diante de Anxo pero Michael moi atento desbarata a xogada.