S.D.Sofán 3 vs Flavia C.F. 0

By
Updated: Octubre 6, 2014

Que gran partido presenciamos onte no Carral, unha vez mais no que vai de tempada. Os equipos rivais non se adaptan ben as dimensions do campo e á intensidade que esixe a Sd e caen de maduros. Pasoulle onte ó Flavia, que tiña encaixado 1 tanto en 4 partidos, e onte levou 3 marrando a Sd numerosas ocasións de gol. Mais de 250 persoas no coliseo sofanista, que disfrutaron moito co xogo dos de Josito, e aplaudiron a rabiar ós prebenxamins da Sd cando sairon ó descanso a xogar na alfombra do Carral.

A saida da Sd foi en tromba, e nos primeiros 10 minutos acumulou tres clarisimas ocasións de gol. O Flavia, coa calidade na mediapunta de Franqueiro e Roberto, foise facendo un sitio, pero a defensa da Sd unha vez mais mostrouse inexpugnable. Cando parecia que nos iamos achegar ó descanso con igualada anotou Luis o primeiro da tarde. O extremo completou o seu mellor partido da tempada e foi un pesadelo para a defensa do Flavia, sobre todo no primeiro tempo. Entendeuse á perfeccion con Sito, que subiu a banda cantas veces quixo aproveitando os ocos deixados polos visitantes.

O segundo tempo foi mais trabado, pois o Flavia quixo subir liñas e a Sd puxo o candado na porta. Pero con espacios a velocidade dos homes locais foi mortal para a lenta defensa visitante, que sufriu en cada contra. Tardou en chegar o segundo tanto, que sentenciou o encontro, pois a Sd non tiña que ter esperado tanto para finiquitar o partido.

FICHA TECNICA:

S.D. SOFAN – Lerma, Sito, Javi Souto, Felix Garrote, Ruben, Michel, Eloy Boedo – Cristian 86´-, Ivan Rojo, Luis – Brais 71´-, Bertin – Seo 85´- e Raul – Martin 59´-.

FLAVIA C.F. – Cristian, Raposo, Cao, Mera – Damian 71´-, Arufe, Esparis, Diz – Roberto Garcia 46´-, Jacinto – Kevin 46´-, Franqueiro – Bouzon 84´-, Roberto Sieira, Uxio Lopez.

ARBITRO: Nuñez Fiuza, que amonestou a Raul 44´, Michel 48´, Brais 76´e a Ruben en duas ocasions polo que foi expulsado no min. 87 por parte da Sd, e polo bando visitante a Raposo 63´, Uxio 67´, Bouzón 84´e Cao 87´

GOLES: 1-0 38´Pase en profundidade de Raul a Rojo, este internase pola banda esquerda como unha bala, centra a Luis e o zurdo na boca de gol non falla.      2-0 80´Roubo no centro do campo de Michel, cede a Rojo que se planta so diante do porteiro visitante e bateo con facilidade.     3-0 89´Martín saca unha falta rápido hacia Brais que regatea o porteiro e marca a porta valeira.

XOGADAS DESTACADAS:

PRIMEIRO TEMPO – 2´Rubén remata na area pequena a bocajarro e o porteiro salva o gol de maneira incrible   4´Raul profundiza hacia Luis, este centra raso e Rojo non chega por milimetros na boca de gol    6´Identica xogada de Luis á anterior e un defensa envia a corner cando Rojo se dispoñía a abrir o marcador   19´Franqueiro recolle un rexeite ó borde da area e o seu disparo a bote pronto sae rozando o pao da porta da Sd   21´Bertín vaise de quen lle sae ó paso e o seu centro mandao Luis ás nube a escasos metros da porteria rival   27´Corner que remata Raul e Felix por partida doble, sacando a defensa do Flavia como boamente poden   28´Falta ó borde da area que lanza Raul e para Cristian   34´Precioso pase de Franqueiro a Uxio e este remata moi alto cando se encontraba en boa posición para marcar   38´GOL DE LUIS PARA SD   44´Internada por banda de Roberto Sieira e o seu centro sacao Ruben cando Uxio se aprestaba a empatar.

SEGUNDO TEMPO – 48´Felix cruzase como unha bala diante de Uxio na area pequena desbaratando unha clara ocasión   57´Libre indirecto na area do Flavia, que Luis en vez de disparar pasa a Raul, desaproveitando a ocasión   59´Incrible fora de xogo sinalado a Raul cando se plantaba so diante do porteiro do Flavia   66´Rojo lanza con potencia unha falta e Cristian fai unha bonita palomita para enviar a corner   80´GOL DE IVAN ROJO   86´Lerma fai a unica parada do partido, a disparo de falta de Franqueiro   89´GOL DE BRAIS.