S.D.Sofán 3 vs C.D.Baio 1

By
Updated: Octubre 20, 2014

Como era de esperar, tremenda tarde de fútbol a de onte no Carral. Unhas 400 persoas, na mellor entrada da tempada, viron a dous equipos que pelexaron ata a extenuación polos puntos. O Baio xustificou a súa posición de lider da categoría, pero atopouse cunha Sd que xogou un partido moi serio. O encontro púxose pronto de cara para os locais co autogol de Iago, e o Baio, sempre perigosisimo con espacios, tivo que atacar unha tupida e segurisima defensa sofanista. As mellores ocasións no primeiro tempo foron da Sd: Raul estrelou un balón no pao e Dani Varela tivo que intervir a disparos de Sito e o propio Raul. O gol de Bertin tras gran xogada de Rojo daba unha clara ventaxa os locais no descanso.

Co terceiro tanto nada mais iniciarse o segundo tempo parecia que o encontro estaba visto para sentencia, pero o Baio recortou distancias na seguinte xogada, arriscou con 3 defensas e veuse arriba, creando variadas ocasións para marcar. MC, que unha vez mais xogou un gran partido no Carral, tirou dos seus compañeiros, e xogadas suas por banda crearon claras ocasións para Martin Perez e Bieito. O veterano Martin incluso estrellou unha pelota no pao a lanzamento de falta. A Sd sacou a relucir as suas innegables virtudes defensivas e puxeron o candado á porta para levarse os puntos nun autentico partidazo.

FICHA TÉCNICA:

S.D. SOFAN – Bugy, Sito, Javi Souto, Felix Garrote, Ruben, Pablo Martinez, Martin, Eloy Boedo – Michel 46´-, Raul – Brais 78´-, Bertin – Leilan 67´- e Ivan Rojo – Marcos Pensado 85´-.

C.D. BAIO – Dani Varela, Fachal, Iago Couto, Mario, Portomeñe, Martin, Bieito, Brais Garrido, MC, Eloy  – Alberto Costa 46´-e Christian.

ARBITRO – Suarez Lamas, que amonestou a Ruben 49´e Leilan 88´por parte local, e a Alberto 10´, Portomeñe 75´e MC 89´por parte baiesa. 

GOLES – 1-0 12´Bertin presiona a Dani Varela que ó ir despexar estrella o balón no seu compañeiro Iago colandose a pelota mansamente na porta     2-0 44´Gran xogada de Rojo por banda esquerda, o seu disparo rexeitao Dani e Bertin moi atento remacha a xogada     3-0 47´Saque de banda de Javi Souto que Iago introduce na sua propia porta     3-1 50´Alberto transforma un penalti de Ruben a MC

XOGADAS DESTACADAS:

PRIMEIRO TEMPO – 8´Bertin recibe ó borde da area, recorta e dispara frouxo ás mans de Dani     12´GOL DA SD     15´Disparo alto de MC     20´Raul deixa hacia Martin que dispara chegando en carreira alto por pouco     27´Xogada identica á do gol da Sd. Bugy tenta despexar, o balón rebota en Cristian e casi se cola na meta sofanista     31´Disparo dende 30 metros de Raul que da un bote extraño e Dani deten con dificultades     33´Gran remate de cabeza de Raul ó pao     37´Centro chut de Sito que saca Dani en felina intervención     44´GOL DA SD.

SEGUNDO TEMPO – 46´Alberto Costa lanza fora unha falta     47´GOL DA SD     50´GOL DO BAIO     54´Precioso cabezazo de Raul en escorzo que sae lambendo a escadra da meta visitante     60´MC vaise por banda de quen lle sae o paso, da o pase da morte para Martin que remata mordido dende o punto de penal detendo Bugy     64´Martin lanza maxistralmente unha falta ó pao     71´Pase de Pablo Martinez a Leilan e o seu tiro cruzado sae rozando o pao     75´MC de novo fai unha gran xogada, cede a Martin, e Bugy rexeita en gran parada o seu disparo, caendo o balón a pes de Bieito, que volve a disparar, sendo Felix o que saca o perigo. 85´Nova falta lanzada por Martin que para Bugy en 2 tempos.