C.D.Unión 0 vs S.D. Sofán 1

Traballado e merecido triunfo da Sd no campo de Vilas de Rianxo. Diante duns 150 espectadores, con nutrida presencia visitante, a Sd mandou no encontro dende o primeiro minuto, tivo as mellores ocasións e cando lle tocou defender a ventaxa adquirida fixoo con solvencia e categoría.

O primeiro tempo foi claramente dos visitantes. Tiveron a posesión do balón de continuo. O Unión situouse moi replegado e buscando descaradamente os seus homes de punta, moi veloces eles, nas contras. A Sd marcou no minuto 40 pero puido facelo ben antes. Raul marrou un penalti por claras mans de Charles os 12 minutos, e o propio Raul viu como o porteiro local, Miguel Dieste, lle sacaba unha man prodixiosa cando xa se cantaba o gol.

O segundo tempo, coa Sd xa por diante no marcador, foi mais trabado. O Union tivo o balón, sobre todo nos ultimos 20 minutos, e rondou a area de Bugy, pero sen crear apenas inquedanzas polo bo traballo defensivo de todo o equipo de Josito. Unicamente tivo que respostar Bugy de maneira maxistral a unha doble ocasión dos locais, con dous perigosos disparos que o gardameta da Sd sacou como puido. Ata o final sufrimento polo axustado do marcador. Resaltar o debut do extremo dereito carballés Chechu nas filas sofanistas. O rapaz xogou 20 minutiños finais e mostrou a sua velocidade e verticalidade.

FICHA TECNICA.

C.D.UNION – Miguel Dieste, Artur – Neira 71´-, Andres Seijas, Charles, David Triñanes, Mauro – Nieto 82´-, Sergio Lodeiro – Conde 52´-, Victor, Angel Lodeiro – Mamadou Kante 52´-, Alex e Cristian.

S.D. SOFAN – Bugy, Sito, Javi Souto, Felix Garrote, Rubén, Martin, Michel, Ivan Rojo – Cristian Mendez 89´-, Bertin – Seo 80´-, Leilán – Chechu 75´- e Raul – Luis 70´-.

ARBITRO – Vilas Lorenzo, que amonestou a Charles e Cristian por parte local, e a Javi Souto, Rubén e Martin por parte visitante.

GOL – 0-1 41´Martín centra moi cerrado dende a banda esquerda e Raul anticipandose a toda a defensa remata de cabeza ó fondo das mallas.

XOGADAS DESTACADAS:

PRIMEIRO TEMPO: 10´ Remate de cabeza á saida dun corner de Seijas que da no longueiro, e o rexeite sacao Bugy en felina intervención     14´Claro penalti por mans de Charles que Raul lanza fora     30´Raul rouba un balón os centrais, encara o gardameta e cando este xa estaba batido saca unha man prodixiosa para evitar o cantado gol     41´GOL DA SD.

SEGUNDO TEMPO: 48´Leilán lanza de maneira perfecta unha lonxana falta e o meta local ten que lucirse para evitar o tanto     50´Raul mete en profundidade a Rojo, e cando este vai a encarar o porteiro o lateral Seijas sacalle o balón in extremis     75´Bugy aborta unha doble ocasión do Union con duas grandes paradas, a primeira a disparo de David Triñanes a bocajarro, e a segunda a disparo de Cristian     88´Seijas remata alto á saida dun corner.

One Comment on “C.D.Unión 0 vs S.D. Sofán 1”

Comments are closed.