Sp. Zas 0 vs S.d. Sofán 2

Boa proba a de onte pola tarde en San Andres, ante un dos candidatos ó título en 2ª Autonómica. A Sd xa empeza a axustar as suas pezas e dou unha pequena medida das súas posibilidades en Zas. Brais e Raul foron os autores dos goles.

SP. ZAS – Isma, Pereiro, Martin, Vecino, Oliver, Josito, Canedo, Isma, Abel, David Blanco e Alex.

S.D. SOFAN – Brais Vazquez, Sito, Marcos Pensado, Felix, Javi Souto, Martin, Michel, Ivan Rojo, Bertin, Cristian Mendez e Brais. Tamén xogaron Bugy, Lerma, Ruben, Seo, Maneiro, Eloy Boedo, Leilán e Raul.

GOLES:

0-1 23´Mal despexe da defensa do Zas que cae a pes de Brais que non perdoa.

0-2 71´Gran xogada de Ivan Rojo por banda esquerda e o seu pase da morte transformao Raul a porta valeira.

Mostrase a Sd como un equipo moi seguro en defensa e nada temeroso de manexar o balón. Con un centro do campo creativo con Martin e Michel, a pelota estivo case sempre en posesion visitante. O rapaz Cristian e Brais estiveron moi peleons e incisivos en ataque, creando perigo á minima oportunidade que daba o kaiser Victor Vecino e compañía. Ademais de Cristian, os outros rapaces, Brais Vazquez e Diego Maneiro, gustaron moito na nutrida afición visitante que veu ó partido. No segundo tempo viuse tamén a un Ivan Rojo moi entonado, entrando unha e outra vez por banda esquerda, e servindo un gol a Raul e outro cantado a Bertin que este a porta valeira estrellou no longueiro. Redebutou o central Ruben nas filas sofanistas despois do seu traumático paso pola promocion de ascenso. Destacar nas filas do Zas a presencia do ex xogador da Sd Abel.