S.D. Sofán 1 vs Sp. Ciudad 1

Igualou a Sd no seu último amistoso no Carral ante un potente rival, que o ano pasado acabou nas posicións de cabeza da 1ª Autonómica, e para este curso pretende repetir campaña. O Sp. Ciudad, adestrado por Luis Gantes, e co mítico Santi Brandariz como capitan xeral no campo, estivo mellor no primeiro tempo, pero no segundo tivo que ser derrotado polos homes de Josito. A Sd estrelou 3 balóns nos paos, un por medio de Bertin no primeiro tempo, e Rojo e Luisito no segundo, nas mais claras ocasións locais. O colexiado tivo que expulsar a un dos xogadores visitantes a falta de un cuarto de hora por reiteradas protestas. Estrenou as equipacións novas a Sd, co novo patrocinador MARIA VIÑA NUTRICIONISTA.

S.D. SOFAN – Lerma, Javi Souto, Marcos Pensado, Diego Maneiro, Eloy Boedo, Martin, Michel, Bertin, Ivan Rojo, Leilán e Raul. Tamen xogaron Brais Vazquez, Brais Barreiro, Sito, Ruben, Seo, Cantudo, Cristian e Luisito.

GOLES:

0-1 25´Disparo do centrocampista Chile ó longueiro, o rexeite recolleo Diego Cuesta e de gran volea bate a Lerma.

1-1 41´Ivan Rojo recibe na banda esquerda, dribla ó seu par e marca de seco disparo ó pao corto.