Club del Mar 0 vs S.d. Sofán 0

Penúltima proba da Sd no campo municipal de Laracha ante o conxunto de Caion, o Club do Mar, onde xogan os ex sofanistas Miniño, Juanjo e Ivan Rey. O partido saldouse con empate a cero. Foi dun nivel alto de intensidade pero con poucas intervencións dos porteiros. Ambos equipos evidenciaron que todavia lles queda un treito de preparación de cara o debut ligueiro de hoxe en 15 dias. Do mais destacado nas filas sofanistas foi a parella de centrais, Ruben e Felix, que evidenciaron unha boa compenetración. Alinearon ambos a:

CLUB DO MAR – Asier, Juanjo, Carliños, Repi, Alex, Mauro, Rubo, Jacobo Campo, Ivan Rey, Zapata e Cristian.

S.D. SOFAN – Brais Vazquez, Javi Souto, Marcos Pensado – Eloy Boedo 46´-, Felix Garrote, Ruben, Martin – Michel 46´-, Bertin, Luisito, Leilán, Rojo e Raul – Brais 46´-.