Cabana 3 – S.d. Sofán 2

Acabou a Liga da Costa. A Sd é o subcampeón e disputará a fase de ascenso ante os santiagueses do Val do Ulla, e os barbanzanos do Sálvora.

Onte disputaron nas Redondas un partido de trámite para a Sd, non así para o Cabana, que necesitaba os puntos para fuxir de calquera posibilidade de descenso. E a pesar de que a Sd tivo o peso do xogo a maioria do tempo, a efectividade do Cabana decantou o encontro para o equipo local. Destacou a presencia do capitan sofanista Suso Docampo no que pode ser o seu ultimo partido como xogador da SD.

CABANA – Añon, Charly, Isma – Raul 72´-, Jose, Ivan de Treos, Manu Guillamet, Diego – Mario 70´-, Manolo do Cruceiro – Sande 63´-, Eloy Pereira, Josiño – Fernando 45´- e Berti – Eloy Garcia 75´-.

S.D. SOFAN – Lerma, Cantudo, Diego, Seo, Jorge Calvete, Raul, Ivan Rey – Suso Docampo 45´-, Ivan Rojo, Martin, Bertin e Leilan.

GOLES:

1-0 38´Manu Guillamet

2-0 43´Eloy Pereira

2-1 50´Ivan Rojo

3-1 72´ Eloy Pereira

3-2 80´Martin

Dende o inicio o balón foi da SD, pero sen apenas profundidade. Soamente un disparo alto de Bertin inquedou a Añon. O Cabana tentaba defenderse con orden, pero non tiña precisión á hora de xenerar futbol de ataque. Berti nunha accion aislada disparou alto. A pouco do descanso dous despistes da defensa sofanista posibilitaron os goles do Cabana. Na reanudación saiu a Sd mais intensa e pronto acortou diferencias, pero o Cabana nunha contra puxo o terceiro. Co gol de Martin a Sd buscou o empate nos ultimos minutos, e tivo Suso unha boa ocasión da igualada, pero o marcador non se moveu.