S.D. SOFAN 0 – CABANA 1

Apareceu a maldición das Eiroas e a besta negra da Sd, o CAbana, para repetir a historia do ano pasado e levarse os puntos de Carballo cun solitario gol de Berti. Excesivo premio para os visitantes nun partido no que o mais xusto teria sido un empate, polos demeritos ofensivos de ambos equipos. Tarde noite fria nas Eiroas cuns 100 afeccionados nas gradas.

S.D. SOFAN – Lerma, Ivan Rey, Marcos Pensado – Diego 75´-, Cantudo – Gustavo 80´-, Javier Souto, Jorge Calvete – Michel 80´-, Martin, Brais, Bertin, Ivan Rojo e Suso Docampo – Santi 65´-

CABANA – Añon, Isma, Eloy – Jose 70´-, Ivan ,  Charli, Eloy Vilas, Diego – Sande 35´-, Fernando – Ivan Mato 70´-, Josiño e Berti.

GOL:

0-1 70´ Berti recibe a uns 40 metros da porteria, dase a volta e engancha un incrible zurdazo que entra pola escadra da porteria de Lerma sin que este poida facer nada.

Dende o inicio se viu que ia ser unha tarde complicada para a Sd. O Cabana plantou un sistema defensivo moi organizado que tapou todas as vias de acceso á porteria de Añon. Se a esto unimos a falta de paciencia e imprecisións dos locais, temos un coctel de futbol aburrido e sin ocasions de gol. O Cabana sacou perigosas contras pero sin inquietar verdadeiramente a Lerma, excepto nun cabezazo de Josiño á saida dun corner que lamiu o pao. A Sd pasou 45 minutos de siesta e non creou nin unha soa ocasion clara de gol.

O segundo tempo pareceu de inicio outra cousa, pois si que se tivo mais claridade á hora de mover o balón, con un Ivan Rey moi activo por banda dereita, pero o Cabana puxo o candado e non concedeu case opcións. A bomba saltou mediado este tempo co golazo de Berti. A partir de ahi a Sd arriscou, case que con so 2 defensas, e apareceu o recital da colexiada. A xogada polemica do partido producese no minuto 75: un centro de Ivan Rojo atrapao Añón, que coa inercia golpease co pao e cae dentro da porteria co balón sobrepasando 1 metro a liña de gol. A colexiada para o xogo e un xogador do Cabana colle saca o balón da porteria e botao fora. Cando Añon é atendido a decision da xuiz e dar corner, ante o estupor da grada. A partir de ahi foi todo un descontrol, cunha Sd colgando balóns impotente ante o bo facer defensivo do Cabana.