Union Club Cee 3 – S.d. Sofán 3

Disputado partido o de hoxe pola tarde nun Sampaio de Refoxos con mais afeccionados visitantes que locais. As alternativas no marcador deron emoción ata o final, e no minuto 94 Josiño igualaba un encontro que o equipo de Floreal tiña perdido. A Sd pagou os seus erros defensivos e deixou escapar unha victoria que mereceu no computo global do encontro. Destacar a lesión do xoven central ceense Aitor, o que lle desexamos a mais rápida das recuperacións.

U.C.CEE – Parroto, Nico, Jorge, Aitor – Iago 32´-, Carlos Leis, Angeliño, Ruben Yaya – Javi 78´-, Josiño, Penedo – Rodri 46´-, Cristian e Cespón.

S.D. SOFAN – Bugy, Santi, Gustavo – Alberto 65´-, Pablo Martinez, Eloy Boedo, Jorge Calvete, Martin, Ivan Rojo, Bertin, Brais e Raul.

GOLES:

1-0 12´Centro bombeado ó vertice da area grande da Sd e Cristian, de gran volea, inaugura o marcador.

1-1 22´Boa xogada de Bertin por banda e o seu centro rematao Ivan Rojo no punto de penalti e empata.

2-1 41´Ruben Yaya remata libre de marca un centro de Cristian.

2-2 69´Boa xogada de Bertin, que cede o balon a Brais para que este marque de gran disparo coa zurda dende o borde da area.

2-3 72´Bertin de cabeza tras falta sacada por Martin.

3-3 95´Contragolpe ceense que culmina Josiño cun gran disparo que se cola pola escadra visitante.

Viuse sorprendida a Sd polo tempraneiro tanto de Cristian. Bertin e Rojo colleron o mando das operacións atacantes e tivo Raul un par de remates que sairon alto antes do tanto do empate. O Cee buscaba sair rapido á contra aproveitando a calidade de Cespon e a velocidade de Josiño, que reclamou un penalti antes de ter unha boa ocasion a remate de cabeza. O segundo gol ceense foi un xerro de auga fria para a Sd, que antes do descanso veia como Parroto sacaba unha boa man a disparo de falta de Raul.

A Sd saiu decidida a remontar no segundo tempo, e levou o peso do encontro en todo momento. A saida de Alberto fixo que o equipo arriscara xogando con 3 defensas, e en 5 minutos doulle a volta ó marcador. Bertin, que fixo un gran partido, foi o catalizador do xogo de ataque . Co partido ganado a Sd cerrouse buscando defender e sair a contra. Alberto e Brais tiveron boas ocasions para sentenciar o partido. O Cee comenzou a xogar moi directo, pero sin crear apenas perigo. Pero nunha xogada moi desafortunada, pois pasando 5 minutos de desconto non é normal que te pillen á contra. chegou o empate.