Sp. Zas 0 – S.d. Sofán 0

Igualada no partido da xornada. Tras un encontro competidisimo, no que a Sd foi claramente superior no primeiro tempo, e o Zas estivo mellor no segundo, ambos equipos firmaron unha igualada baseada na firmeza de ambas defensas.

SP. ZAS – Rizos, Fabian, Oliver, Martin, Victor Vecino, Canedo, Isma, Samuel – Peke 75´-, Lagoa – Damian 80´-, Pablo – Amado 82´- e David Blanco.

S.D. SOFAN – Bugy, Javier Souto, Marcos Pensado, Pablo Martinez, Eloy Boedo, Jorge Calvete, Michel – Alberto 46´-, Ivan Rojo, Bertin, Santi e Raul.

Xogou moi ben a Sd no primeiro tempo, levando o control do partido en todo momento, combinando ben e poñendo a proba o gran sistema defensivo dos locais, o equipo menos goleado do campionato. Tivo a primeira ocasión o Zas nun remate de cabeza á saida dunha falta que se foi alto, pero en seguida respostou a Sd con un remate de Raul á reviravolta que parou atinadamente Rizos. A defensa da Sd, soberbia en todo o encontro, controlaba as escasas contras dun Zas medroso que buscaba a Pablo e David Blanco con insistencia. Bertin por parte visitante estivo soberbio no primeiro acto, levando o peso das accions ofensivas dos de MAllon. Pediuse penalti por mans de Fabian en area local, pero o colexiado, como faria no segundo tempo nunha xogada similar inhibiuse na accion e deixou continuar. Rizos luciuse antes do descanso nas mellores ocasións visitantes, primeiro a un disparo de falta de Ivan Rojo, e despois nun gran remate de cabeza de Javi Souto, que rexeitou con apuros, e Victor Vecino salvou en ultima instancia cando Raul se apresuraba a marcar, na mellor ocasión xusto antes do descanso.

No segundo acto o Zas levou o partido mais o seu terreo, acosando e buscando o balón directo en todos os balóns parados, pero Bugy non tivo que intervir apenas en xogadas de perigo, pois a Sd defendeuse moi ben. O feito de estar en cuadro e non ter apenas cambios foise notando co paso dos minutos, pois tanto a lesión de Michel, que tivo que ser substituido no descanso, como o cansancio dos dianteiros sofanistas, non fixo posible apenas ocasións de gol neste acto. O respeto entre ambos equipos, que co paso dos minutos se conformaron co empate, fixo que este se producira. Soamente Pablo Martinez de disparo de falta por parte visitante tivo ocasión de marcar.

One Comment on “Sp. Zas 0 – S.d. Sofán 0”

Comments are closed.