S.d. Sofán 6 vs IDC 1

Goleada no primeiro derbi da tempada. Uns 150 espectadores viron en tarde apacible como tras un primeiro tempo igualado, a Sd en 10 minutos moi inspirados sentenciaba o encontro. Xogaron o seu primeiro partido da tempada os defensas CArlos Lista e Gustavo. Foi expulsado no minuto 75 Cholo por parte do Independiente.

S.D. SOFAN – Bugy – Dani 70´-, Santi, Marcos Pensado, Cantudo, Pablo Martinez, Eloy Boedo – Gustavo 75´-, Jorge Calvete, Bertin, Ivan Rojo, Brais – Lista 70´- e Raul.

IDC – Puente, Jonnathan, Belar, Dani Rosalia – Pichel 46´-, Atu, Carlos, Cholo, Seo, Mario, Juni e Esteban – Fraga 60´-

GOLES:

1-0 5´Bertin colle un rexeite dentro da area, revolvese con calidade e axusta un disparo suave á base do pao.

2-0 48´Raul recibe un balón longo en pugna con Atu, supera o defensa e bate a Puente na sua saida.

3-0 52´Gran xogada de Bertin por banda dereita e o seu pase da morte rematao Rojo a gol.

4-0 55´Raul peina un balón e Brais marca a placer.

4-1 70´Mario de falta directa.

5-1 78´Raul vaise da defensa e marca.

6-1 82´Marcos Pensado define con calidade ante Puente.

MArcou pronto a Sd, pero iso non fixo que xogara un bo primeiro tempo. De feito abundou o fútbol directo, e se ben é certo que as ocasións foron variadas e clarisimas, o fútbol local deixou moito que desexar. Pablo Martinez, Eloy Boedo e Raul puideron marcar, pero daba a sensación que a Sd non entrou en ningun momento en ritmo de partido. O IDC foise estirando co paso dos minutos, e Bugy tivo que respostar por duas veces, nunha delas tras un balón peinado por un defensa o gardameta fixo unha gran estirada e enviou o balón a corner previo paso polo longueiro. O descanso veulle ben á Sd que a pesar de dar a sensación de controlar o partido, non estaba a dar a medida das suas posibilidades.

Pero en 10 minutos moi bos á saida do descanso anotou tres goles e deixou visto para sentencia o encontro. Primeiro Raul, con veterania, e logo Rojo no mellor gol da tarde e Brais, afundiron a un IDC que a partir de ahi baixou os brazos. As ocasións da Sd foron múltiples ata o final do encontro, pero a falta de punteria dos homes de Mallon foi palpable.

One Comment on “S.d. Sofán 6 vs IDC 1”

Comments are closed.