S.d. Sofán 4 – S.d. Camelle 3

Cita coa épica no Carral. Onte viviuse un choque que mais parecía unha final de copa que un encontro da 7ª xornada ligueira. Un campo abarrotado de xente, dous equipos pelexando coma trens descarrilados en pos da victoria, e un desenlace incrible e delirante. A liga da Costa de antes debía ser asi.

  • S.D. SOFÁN: Bugy, Javi Souto, Marcos Pensado, Eloy Boedo, Pablo Martinez, Jorge Calvete (Míchel, min.75), Iván Rey, Ivan Rojo (Bertín, min.70), Santi (Suso Docampo, min.60), Brais (Alberto, min.70) e Raúl.
  • CAMELLE: Ángel, Dido, Valiña, Miguel Riveiro, Matías, Iván, Mario, Ángel Riveiro (Martín Gemelo, min.70), Javi Rañal, Sergio (Adrián Tajes, min.65), Barreiro.

 

Goles:

0-1, min.5: Matías recolle un rexeite e engancha un fortisimo disparo que sorprende a Bugy

0-2, min.38: Barreiro aproveita unha indecisión entre Javi e Bugy

1-2, min.43: Gran xogada de toda a dianteira sofanista que acaba con un pase profundo de Ivan Rey e unha gran definición de Santi

1-3, min.60: Iván de sorpresivo disparo dende lonxe

2-3, min.68: Iván Rojo recolle un rexeite e engancha un disparo coa zurda ante o que nada pode facer Angel Luis.

3-3, min.80: Raúl recibe un balon en profundidade de Suso e define cun disparo raso e cruzado

4-3, min.88: Suso remata de cabeza unha balón peinado por Raul.

  • Expulsión: o local Pablo Martínez por vermella directa no min.60.

E foi un desenlace incrible, porque a Sd remontou un 1-3 en contra con 10 homes no campo. E sobre todo, porque foi ante un gran equipo, o Camelle, que fixo un tremendo partido pero atopouse coa garra, a forza e a polvora ofensiva do conxunto de Mallon.

O encontro xa prometia emocions fortes co arranque: primeiro ataque visitante e gol. Matias, un dos mellores sobre o terreo de xogo, sacou a pasear o seu gran disparo. A Sd atacaba con futbol demasiado directo, e creaba perigo en saques de banda e corners. Tivo Pablo Martinez a mais clara neste acto, pero o seu remate de cabeza so na area pequena saiu incomprensiblemente fora. Un erro defensivo condenou á Sd ó 0-2. Era un marcador xusto. O Camelle, cos arteixans Riveiro e Rañal á cabeza, estaba a ser superior. Pero a Sd, nun ramalazo de calidade, acortou distancias antes do descanso. Quedaban 45 minutos, e os locais atacarian contra a porteria do muro: todo podia pasar.

E pasou. O partido pareceu sentenciado co 3ª gol e a expulsion. Pero surxiu a loucura colectiva. A Sd foise arriba con todo e comenzou a crear ocasións. Raul e Brais na boca do gol marraron 2 clarisimas, e Angel Luis detivolle un precioso disparo a Ivan Rey. A tension ia en aumento, e os visitantes tiveron a oportunidade de sentenciar: Bugy luciuse a un gran remate en prancha de Barreiro, e mais tarde nun man a man con Martin, que desbaratou con moita intelixencia. O Camelle deixou escapar vivo á Sd, e os tambores de guerra voltaron a soar. Cun publico volcado, o equipo atacou sen desmallo, conseguindo empatar primeiro e darlle a volta ó marcador cando xa esmorecia o encontro.

Deportividade final e a sensación en ambos equipos de ter vivido un deses grandes partidos que se recordan durante moito tempo.