Previa: S.d.Sofán vs Camelle c.f.

E chegou o inverno. Xa chove en Galicia, e como non, en Sofán a chuzos. E este fin de semana visítanos un deses equipos que non deixa indiferente a ninguen: o histórico Camelle, refundado recentemente e ascendido o ano pasado tras unha ardua promoción onde eliminou a Laxe e Cerqueda, está a ser unha das sorpresas deste inicio ligueiro: tras 6 partidos o equipo do Rodeiro non coñece a derrota. É o rei do empate, con 5 acadados, e so unha victoria, a conquerida ante o Corcubión por 6-2 fai un par de semanas.

Basa a súa fortaleza o Camelle nos fichajes foraneos: dous arteixáns e vellos coñecidos costeiros, Javi Rañal e Miguel Riveiro poñen a calidade. Javi, ex do Ponteceso, é un bo elemento de banda, e Miguel, ex do Cee e Muros entre outros, é un todo terreno con calidade abondo na sua zurda. Os balóns parados, con lanzadores como o propio Miguel e Matias, ex do Soneira, e un dos seus perigos. Os goles sen embargo estan a correr neste inicio ligueiro de man de Barreiro, dianteiro veloz e oportunista que xa tivo presencias destacadas na selección da Costa. A meta está ben cuberta polo ex muxián Angel Luis. A bo seguro que será un oso dificil de roer o Camelle.

Nas filas sofanistas acumúlanse as baixas. Diego co branzo en cabestrillo, Gustavo lesionado dende principio de tempada, Cantudo que tivo unha fisura de codo o domingo pasado, e Martin con problemas no pubis, non xogarán o domingo. Polo resto, o equipo que sairá á alfombra do Carral será parecido o que venceu e convenceu na Ponte do Porto, excepto os mencionados Cantudo e Martin.

PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA:

LIGA DA COSTA: S.d.Sofán vs Camelle, domingo ás 17.00 horas no campo do Carral.

LIGA INFANTIL: U.C.Cee vs S.d.Sofán, sábado as 12.00 horas en Sampaio de Refoxos.