Previa: Castriz vs S.d. Sofán

Gran partido o que nos espera este domingo no campo de San Pedro en Castriz. O 3º clasificado, a Sd Sofán, visita ó 6º, o Castriz, equipo este chamado a ocupar postos prominentes na taboa clasificatoria. O equipo dirixido dende o banco polo mítico Manolo Corredoira está a ser un dos animadores do inicio de competición. A pesar da derrota do domingo pasado en Fisterra, xa foi quen de vencer en Cee ou ó Corme no seu recinto, datos que avalan a sua candidatura ó título. So tres puntos separan a ambos equipos, co cal esperannos emocións fortes este fin de semana.

Coa chegada de Corredoira ó banco, os rossoneri renovaronse moito nas suas filas: á presencia de veteranos na liga como Alex, Cilindro ou Bruno uníronselle procedentes do campion de copa o Xallas de Santa Comba Chinda e Alberto, que volven á que foi a sua casa. A presencia de rapaces xovenes que veñen despuntando no futbol xalleiro como Agra, Anxo ou Marques, e tamen a dese dianteiro incordiante e goleador que é Pichin, fan do Castriz un equipo moi a ter en conta. A solidez defensiva, pois so leva 5 goles encaixados en 7 partidos, e o perigo a balón parado son as suas armas principais.

E vai a SD plagada de baixas a San Pedro: Pablo Martinez, sancionado con 1 partido, e os lesionados Gustavo, Martin, Cantudo e Diego non serán da partida. Con estas baixas terá que recompoñer a liña defensiva o mister Mallon como boamente poida. O equipo chega de todas maneiras nun elevado estado anímico, tras a gran victoria do domingo pasado ante o Camelle.

Os precedentes son diversos:

Tempada 2012/2013 – Castriz 4 – S.d. 3

Tempada 2011/2012 – Castriz 2 – S.d. 2

Tempada 2010/2011 – Castriz 2 – S.d. 3

PARTIDOS PARA O FIN DE SEMANA:

LIGA DA COSTA – Castriz vs S.d. Sofán, o domingo as 16.30 horas no campo de San Pedro.

LIGA INFANTIL – S.d. Sofan vs Fisterra, o domingo as 10.00 horas no campo das Eiroas de CArballo.