Porteño 1 – S.d.Sofán 4

Traballada victoria da Sd na Grixa, en tarde nublada, con mais de 150 xiareiros nas bancadas, e cunha nutrida presencia de seguidores visitantes, que viron o seu equipo moi serio e seguro do que tiña que facer para ganar no dificil campo da Ponte do Porto. A pesar de adiantarse o equipo local no marcador, a Sd impuxo a súa lóxica superioridade, cun Raul decisivo a pesar de non marcar, e cos dous centrais, Pablo Martinez e Eloy Boedo en plan goleador. Retirouse o xogador local Brais cun corte nunha ceja sangrando abundantemente, e Martin lesionado no aductor.

PORTEÑO: Bonano, Gabi, Pejo, Iago, Juan Antonio (Brais, min.60), Doyle, Cousillas, Marcos (Elvis, min.67), Felipe, Sergio Varela e Isma.

S.D SOFÁN: Bugy, Cantudo, Marcos Pensado, Pablo Martinez, Eloy Boedo, Jorge Calvete, Martín (Javi Souto, min.46), Iván Rojo (Brais, min.55), Iván Rey (Santi, min.65), Suso Docampo (Bertin, min.65) e Raúl.

Goles:

1-0, min.15: Doyle aproveita o rexeite do porteiro a unha falta

1-1, min.25: Iván Rojo aproveita un rexeite a un remate de Suso

1-2, min.35: Pablo Martínez tras un rexeite de Bonano a tiro de Martín

1-3, min.60: Pablo Martínez aproveita un balón peinado por Raul

1-4, min.85: Nova asistencia de Raul a Eloy Boedo que marca de preciosa volea.

Condicionou moito o partido as dimensións da Grixa, pois o habitual fútbol combinativo da Sd era inviable ante a boa presión e colocación do conxunto de Rosquilleiro, moi serio en todas as facetas e sempre sabendo perfectamente a que xogaba. Nos primeiros intres creoulle problemas o conxunto local á zaga da Sd, que non axustou ben as marcas en principio, pero que pouco a pouco foise mostrando mais seria para acabar por completar un gran partido. O colexiado non sinalou un clarisimo penalti por mans na area do Porteño. O gol inicial do Porteño ó saque dunha falta botada por Cousillas espabilou ó cadro de Mallon, que marrou un par de claras ocasións diante de Bonano antes do gol do empate. Unha gran xogada de Ivan Rey acabou cun remate de Suso que rexeitou Bonano e Ivan Rojo anotou o seu sexto gol da tempada. A partir de ahi, cun futbol moi directo, a Sd creou perigo en cada balón parado, e Pablo Martinez marcou o segundo gol, non sen antes marrar o propio Pablo e Rojo solos diante do porteiro de maneira milagrosa.

O segundo tempo viu como a Sd sentenciou pronto o encontro, e a partir de ahi sentiuse moi comodo defendendo. Cos cambios a liña de ataque ganou en mordiente, e cada contra era perigosa para Bonano. Javi Souto puxose de central pasando Eloy Boedo o centro do campo, e a Sd gañou en consistencia. O Porteño non foi quen de crear demasiado perigo a Bugy, que so tivo que intervir nun par de lanzamentos lonxanos de Cousillas. Produciuse o debut de Bertin, nota moi positiva para o equipo sofanista, que añade así un elemento mais para a sua xa poblada dianteira.

One Comment on “Porteño 1 – S.d.Sofán 4”

Comments are closed.