Liga Infantil: S.d.Sofán 2 – Outes C.F. 3

Inxusta derrota a do domingo pola mañan no Carral da Sd. Precioso partido disputado de poder a poder, que quedou definido pola cantidade de ocasións marradas polos nenos locais e polo acerto do Outes nas escasas veces que tiraron a portería. Os rapaces de Eloy Boedo e Bugy xogaron moi ben, por momentos combinando con calidade, pero fallaron en exceso ante a meta rival.

Os autores dos tantos foron Sebas ó rematar un corner de cabeza, e Nacho en xogada individual.